Skip to Content

                              

Portada

VII torneo de balonmán

O mércores, 22 de abril, paricipamos no VII torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón Paco Chao do Carballiño.

No torneo participamos os equipos dos seguintes colexios na categoría de alevíns mixtos: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP Virxe da Pena da Sela; CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.

A xornada foi unha gran festa deportiva, onde demostramos que se pode desfrutar do deporte máis alá do fútbol.

Desde aquí queremos felicitar a todos os xogadores e mestres polo esquisito comportamento amosado ao longo do campionato, e agradecer aos responsables do pavillón a dispoñibilidade prestada.

O calendario de partidos e resultados pódese descargar aquí

Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica

 

 

Valentín Paz Andrade

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.
Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.

Biografía de Valentín Paz Andrade Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística Xogo do CEIP Condesa de Fenosa Xogo do Seminario Galán Recursos da web de Norberto Vídeo informativo sobre Valentín Paz Andrade Webquest sobre Valentín Paz Andrade

Nesta ligazón atoparás máis recursos

2012: Valentín Paz Andrade

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 "Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Convivencia dos EDL da Comarca do Arenteiro

O día 22 de marzo celebramos a IV convivenvia intercentros organizada polos EDL destes centros, co fin de facer unha xornada deportivo-cultural na que a nosa lingua adquira un

Contacontos

O vindeiro 21 de Marzo tivemos unha sesión de contacontos, realizada pola editorial kalandraka. ¡pasámolo moi ben!

Convivencia no centro

O próximo mércores día 22 temos unha xornada de convivencia no centro... compartiremos xogos, actividades, baile ....e como non o xantar con outros centros da comarca.... esperamos que sexa unha aventura fascinante para os nosos alumnos....agardamos con ledicia¡¡¡¡

 

 

 

VII Obradoiro de xogos tradicionais

Durante os mércores do mes de marzo realizaremos no noso centro un obradoiro de xogos populares que será impartido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Nestas sesións traballaremos os seguintes xogos:

Pillas, Bolos e virolla e Xogos bailados.

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da actividade

Flashmob para a convivencia intercentros

Esta é a letra da canción que imos interpretar o 22 de marzo na convivencia intercentros da comarca de Carballiño.

FALEMOS GALEGO!


2:49 minutes (2.59 MB)

Solicitude de praza curso 2012/2013

Desde o 1 de marzo e ata final de mes está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro.

Os oficios da comarca de Boborás

Neste libro pretendemos realizar unha compilación de información sobre os principais oficios nos que traballaban os nosos antepasados e que a maioría deles agora están estinguidos o se fan de xeito moi diferente.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut