Skip to Content

Portada

FIN DE CURSO

Co motivo do FINAL DE CURSO, dende o colexio queremos informarvos do seguinte:

  • As notas publicaranse en Abalar o venres 19, ás 11:00 h.
  • Os/as alumnos/as que teñen libros do fondo de libros deberán entregalos en bo estado os días 17, 18 e 19 de xuño (xa vos avisa cada titor/a o día correspondente a cada curso).
  • Eses mesmos días (17, 18 e 19) tamén se vos entregarán os materiais dos vosos fillos/as que aínda están no cole.
  • Tamén deberedes devolver os libros da biblioteca escolar que tendes en préstamo nas vosas casas.
  • Non obstante, senón podedes eses días, non dubidedes en poñervos en contacto co centro para buscar outro día.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-21

Todo o ALUMNADO NOVO que presentou a solicitude de admisión dentro do prazo previsto, FOI ADMITIDO para o vindeiro ano escolar 2020/2021.

No archivo adxunto podedes ver o listado, tanto para 4º de E.I. como para 1º de E.P.

 

 

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SERÁ DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020

RECOLLIDA DE MATERIAIS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:

  • As familias que estades tramitando a axuda dos libros podedes traer os libros da biblioteca que tendes en préstamo nas casas. Na entrada do cole hai habilitadas unhas caixas para cada curso, onde debedes depositalos libros, xa que teñen que estar en cuarentena durante 15 días.
  • Tamén podedes traer as mochilas viaxeiras as familias que a teñades nas vosas casas.
  • Respecto aos materiais dos alumnos/as, habilitamos unhas datas para que veñades a recoller os seus materiais. Nas seguintes fotos podedes ver as datas. De todos modos, se algunha familia non puidera  vir nesas datas, intentaríamos solucionalo doutro xeito.

 

        AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

Segundo a Orde do 12 de maio do 2020 (DOG 19 de maio de 2020) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

DESTINATARIOS

Ø  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado de 5º de Educación Primaria queda pendente, xa que o centro solicitou o Proxecto E-Dixgal (libros dixitais).

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Ø  AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 Para todo o alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria con renda (exercicio fiscal do ano 2018)  per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ø  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Ø  Presentación no centro: opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

Ø  A solicitude será única para todos os/as fillos/as.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ø  ANEXO I e ANEXO II (debidamente cubertos e asinados polos dous proxenitores ou titores legais)

Ø  Copia do libro de familia ou documentación equivalente onde figure o/a alumno/a e os membros computables da unidade familiar.

Ø  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentencia xudicial ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Ø  Fotocopia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (cando non autoricen a consulta telemática).

Ø  Renda familiar: achegarán copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2018, cando non autoricen a consulta telemática.

 

PRAZO: REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

 HORARIO DO CENTRO: DE 10 A 13 H

CAMBIO HORARIO

 

A comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS

quere comunicar a todas as familias que nos concederon a xornada

continua para o vindeiro curso.

 

O novo horario será de 9:30 h a 14:30 h (setembro e xuño

incluidos) e o comedor será de 14:30 h a 16 h (con recreo incluído)

PRAZO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2020/2021

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, ábrese de novo o

PRAZO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

Do LUNS, 11 DE MAIO, ATA O LUNS, 18 DE MAIO

(ambos inclusive).

 

Só se pode acceder ao cole dende as 10 h ata as 13 h e, haberá que gardar as medidas de seguridade pertinentes como:

  • Só poderá entrar na secretaría do centro 1 persoa de cada vez e terá que traer postas luvas e mascarilla.
  • As demais persoas, terán que agardar o seu turno respetando unha distancia de 2 m entre cada unha delas.

As solicitudes que se presenten despois do luns, 18 de maio, non se admitirán por atoparse fóra de prazo.

 

 DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN TRAER:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN CUBERTA E ASINADA POLOS DOUS PROXENITORES
  • FOTOCOPIA DNI/NIE/PASAPORTE DOS PAIS E DO/A NENO/A SE O TEN
  • CERTIFICADO EMPADROAMENTO (DOCUMENTO ORIXINAL)
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU FOTOCOPIA DA PARTIDA DE NACEMENTO DOS/AS NENOS/AS.

Fai falta lembrar que a Consellería de Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

ANEXO II (modelo de solicitude)

SOLICITUDE EN LIÑA na web da Consellería de Cultura e Educación

 

ALIMENTOS PARA FAMILIAS VULNERABLES E AFECTADAS POLA CRISE DO COVID

O Covid-19 cambiou a vida de todos, pero hai persoas que de repente perderon a súa estabilidade económica,  minorando os seus ingresos, nun momento convulso e no que a incertidume impera.

Por iso, dende o Concello de Boborás queren seguir colaborando coas persoas máis vulnerables, que agora o son máis se cabe, e tamén coas que debido a estas circunstancias se están vendo afectadas duramente.

Se algunha persoa ou familia, precisa alimentos ou ten algún problema pode chamar o Concello, tanto o teléfono 988 402 008 como o 667 552 726 e o Departamento de Servizos Sociais atenderá as súas demandas.

 

Non estades sós.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

 

COMUNICAMOS  ás familias que para mañá xoves 12 de decembro hai convocada unha folga do ensino para o profesorado.

O CEIP Xuvencos asegura os servizos mínimos para este día.

 

 

Un saúdo

 

Boborás, a 11 de decembro do 2019

 

                                                                                    O   Director, Javier Álvarez

NOTA INFORMATIVA

 Estimadas familias, queremos comunicarlles o seguinte:

  • O venres, día 20 de decembro de 2019, o alumnado de Educación infantil recibirá o boletín informativo e os traballos realizados durante o trimestre, motivo polo cal é necesario acudir a falar coas titoras, á volta das vacacións.

  • O venres, día 20 de decembro, o alumnado de Educación Primaria tamén recibirá o boletín de notas da 1ª avaliación. O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores sobre a evolución académica dos seus fillos será o primeiro martes de xaneiro, (día 14) de 16.00 a 18.00. No caso de non poder asistir o devandito día, por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.

  • O venres 20 de decembro será un día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario dos venres, entrando ás 9.30 e saíndo ás 13.15 horas.

 

Un saúdo.

 

Boborás, a 10 de decembro do 2019

 

O director

 

 

 

Javier Álvarez

 

NOTA INFORMATIVA

Comunicamos ás familias que o vindeiro martes 1 de outubro comeza o horario de xornada partida, con clases pola tarde. A hora de entrada ó centro, de luns a xoves, será ás 09:30 h e  a de saída ás 16 h.

Os venres non hai clase pola tarde. Neste caso, a hora de entrada é ás 9:30 h coma o resto da semana, pero a hora de saída é ás 13:15 h, despois do comedor. Os que non quedan a comer saen ás 12:20 h.

Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut