Na Educación Infantil, a hora de ler realizouse de xeito flexible durante todo o curso 2022/2023, de tal forma que os nenos/as gozaran da lectura de contos en distintos momentos do día non só na hora de ler e tamén a diversas visitas a nosa biblioteca.
A configuración da hora de ler na aula de 4º Educación Infantil foi realizada pola titora Beatriz Cid Fernández cos seguintes obxectivos:
Obxectivos:
- Desenrolar a creatividade
- Estimular o interese pola lectura.
- Favorecer a atención e o desenrolo da linguaxe.
- Distinguir a biblioteca escolar da de aula
- Localizar a biblioteca no espazo escolar e familiarizarse con ela.
- Coñecer as normas de comportamento.
- Recoñecer libros, revistas…
Actividades:
- Ler o conto deixando que os nenos e nenas vexan as ilustracións.
- Ensinar a folla portada e tratar que adiviñen o título.
- Imaxinar como e o protagonista e as outras personaxes do conto.
- Contar o conto coas súas propias palabras.
- Describir as personaxes.
- Inventar historias diferentes con esas personaxes.
- Facer un guiñol con algún dos contos que mais lle gustaron.
- Facemos debuxos : A nosa biblioteca, relacionados co conto…etc.
Bibliografía empregada durante o curso escolar:
1º TRIMESTRE:
- “A eiruga larpeira” de Eric Carle.
- “Chuvisca” Kalandraka.
- “O cazo de Lorenzo”
- “Elmer y las emociones”
- “Outra vez Elmer” D. McKee.
2º TRIMESTRE:
- “Cinco”. Kalandraka
- “Lúa” de Kalandraka.
- “Yo me lavo”. Ed.juventud.
- “La preocupación de Lucía” de Tom Percival;
- “El monstruo de colores” de Ana Llenas.
3º TRIMESTRE:
- Os bolechas
- “La mejor sopa del mundo ” de Sunsanna Isern.
- “A que sabe a Lúa” de Michael Grejniek.
- “Xa vooou” de Susana peix y Romina Martí.
- ” Orellas de borboreta” de Luisa Aguilar.