![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/AL9nZEWNIzYgL8SVPzxD6H5py-8W9Q1hpE9HdJdTuUc5eHhXq8NqGBhTscu3nkIzIBCm7GanDZJ9XCWb6JSf0MzOT8Me5n0ZgAQybmm6MskkzQvAwCSVQ9SQEG0ASDq2W0-5v_MMShC1-gKAZp8IUbn4fvyN1g=w1000-h332-no?authuser=0)
Dende o área de Relixión empregando os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) cunha metodoloxía por Estacións de Aprendizaxe, traballamos a unidade didáctica “A historia do Nadal” en todos os cursos de Primaria.
Os obxectivos marcados foron:
- Coñecer a historia do Nadal.
- Coñecer as personaxes do Nadal.
- Recoñecer obxectos relacionados co Nadal (campo semántico).
- Coñecer a cronoloxía dalgúns personaxes bíblicos e como se contan os anos antes de Cristo e despois de Cristo.
Establécense seis estacións de aprendizaxe. As actividades propostas para cada estación foron as seguintes:
- Vídeo “A historia do Nadal” de playmóbil.
- Discriminación visual: campo semántico do Nadal e quebracabezas do nacemento de Xesús.
- Liña do tempo; a.C e d.C.
- Recoñecemento de conceptos de Nadal.
- Realización artística de maqueta do nacemento de Xesús ou debuxo libre do Nadal.
- Avaliación á través dun quiz de Genially.
Os nenos e nenas disfrutaron das actividades aprendendo de forma bastante autónoma e comprobando o que aprenderon na última actividade.
Deixamos aquí imaxes do que fixemos:
![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/AL9nZEXddHeyGcDMdRvcjxXT0hvM5OHARsB8Zt5n1UQQKKeYVdMSKx1fVpWUOwy8pDxKE5OIvuq5xDs0KCGdh3hF_jq7bX4ta-Y6So2MawoezzTWgx1Q5TiQ-KkBJeSIhhAlyTD6fwtZO-q_EQ69tSBbGSjtvg=w1200-h900-no?authuser=0)