Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

As emocións a través da música

CÓNTANOS UN CONTO

O Equipo da Biblioteca convida ás familias do alumnado do centro a vir contar un conto na hora de ler (de 11:50 a 12:10) entre o luns 24 e o venres 28 de abril.

A idea é festexar o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" (2 de abril) e o "Día Internacional do Libro" (23 de abril) con contos que nos veñades a contar, a representar, a cantar, a ler...

NOVIDADE: COMO ENCENDER UN DRAGÓN APAGADO?

Durante a semana do 27 ao 31 de marzo leimos e reflexionamos sobre Como encender un dragón apagado? de Didier Lévy con ilustracións de Fred Benaglia.

DÍA MUNDIAL DA POESIA

 
Coincidindo co equinoccio de primavera, celebramos hoxe o Día Mundial da Poesía.

15 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO/A CONSUMIDOR/A

O Día Mundial dos Dereitos do/a Consumidor/a, celébrase todos os anos o 15 de marzo.
Celébrase nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso do seu país, sobre os dereitos dos consumidores. Uns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar todos os 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

MERCADO DE INTERCAMBIO MUSICAL

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

RECI CLIN CLON CLANDO

Xa temos á entrada do centro a exposición de instrumentos musicais elaborados a partir de material de refugallo. Se non trouxeches o teu, aínda estás a tempo!

 

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Desde a Biblioteca quixemos sumarnos á celebración do Día Internacional da Muller facendo unha escolma de obras literarias. Todas teñen algo en común, adivíñalo?

 

DANZAS MEDIEVAIS

Co gallo da celebración este vindeiro fin de semana da Arribada e dentro do proxecto "As emocións a través da música", hoxe tivemos no cole unha mostra de danzas medievais.

Encatáronnos o ben que bailaban e os traxes tan bonitos que lucian tanto as damas como os cabaleiros.

ENTROIDO 2017

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Estimadas familias:

RECITADO E EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Durante a hora de ler do martes día 21 de feberiro o alumnado de 6º foi recitar poemas de Rosalía de Castro ao resto dos cursos de Infantil e Primaria.

Ademais, inaugurouse a exposición de traballos realizados sobre Rosalía de Castro.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut