Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

ENTROIDO 2017

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Estimadas familias:

Neste curso escolar estamos a desenvolver o proxecto interdisciplinar "As emocións a través da música" e as emocións e a música están moi presentes no Entroido.
Un Entroido que queremos celebrar o próximo día 24 e que dende o centro invítase a todas as familias e cuxo desfile dará comezo ás 12:00 horas.
Previamente, e como ven sendo habitual nos últimos anos, teremos unha degustación de doces típicos destas datas ás 11:00 horas.
Permitídenos pois pedir a vosa colaboración achegando algúns destes doces que xa traerá o alumnado pola mañá.
Será unha boa ocasión para pasar uns intres todos/as xuntos/as.
Rematados os actos todo o alumnado subirá ás aulas ata as 13:50 horas.
Todo o profesorado agradécevos de antemán a vosa implicación en todas as actividades do centro.
Lembrade que o 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo son días non lectivos.

 



story | by Dr. Radut