Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

MERCADO DE INTERCAMBIO MUSICAL

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Desde o Equipo da Biblioteca estamos a organizar un Mercado de intercambio musical co gallo da celebración o vindeiro mércores 15 de marzo do Día Mundial dos Dereitos do/a Consumidor/a, co lema “Construír un mundo dixital no que os/as consumidores/as poidan confiar”.

Por este motivo queremos pedirvos a vosa colaboración para achegar obxectos en desuso pero en bo estado para o seu aproveitamento e reutilización relacionados coa música:
 -CDs e DVDs de música, de contos, de cancións infantís, películas musicais, etc.
 -Libros musicados, sobre música ou que teñan sons.
 -Instrumentos musicais e obxectos sonoros.

Cada obxecto achegado para o Mercado será cambiado por un vale que permitirá o día de apertura do Mercado (venres 17 de marzo) intercambialo por outro obxecto do seu interese.

Independentemente do número que obxectos que traian, cada alumno/a recibirá como máximo 2 vales e poderá levarse un máximo de dous artigos. Non se reembolsará doutro xeito.
O último día para a entrega de materiais para o Mercado será o xoves 16 de marzo (Ampliamos o prazo).

Animádevos a traer os vosos obxectos sonoros e musicais!



story | by Dr. Radut