lazo vermello

O NOSO SAMAÍN

 

Estas semanas estivemos celebrando o samaín con moitas actividades: contacontos, manualidades, xogos, disfraces... CLICADE NAS IMAXES PARA VER MÁIS

  

       

 

E por fin chegou o día da gran FESTA DAS CABAZAS....cada día son máis impresionantes. 

   

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

 

CONTACONTOS DO SAMAÍN II

Moitísimas grazas pola vosa participación na actividade dos contacontos do Samaín.

 

 

 

PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS

Comezamos un novo proxecto... a nosa mascota Maki apareceu vendada, que lle pasou? CLICA NA IMAXE DE MAKI

 

Teremos que investigar sobre o corpo... 

  

... xa empezan a traer moitas cousas para o rincón do proxecto...

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 DE OUTUBRO

Como xa sabedes co motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares ( 24 de outubro) participamos no concurso a nivel de centro, de caixas literarias. Un concurso que  consiste en  elaborar unha caixiña por curso, con pistas sobre un conto en galego que teremos que adiviñar. O  conto deste ano  foi " Queda sitio na vasoira" (Como mola tu escoba!).  Estamos a facer distintas actividades relacionadas co conto para traballar os números, xa vos iremos contando... OLLADE QUE BEN NOS QUEDOU!!!

             

 

Aproveito para comentarvos que este venres xa saíron as mochilas viaxeiras cargadas con novos contos. Xa sabedes saen dúas mochilas cada venres e regresan o cole os xoves. 

CONTACONTOS SAMAÍN

        

 

MOITAS GRAZAS!

PREPARANDO O SAMAIN...

Samaín é unha celebración moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.

É unha festa que nos gusta moito, polo que estamos adicándolle estes días a maior parte do noso tempo:

  • Traballamos na aula o conto de Corre, corre cabaciña acompañándoo  de moitas actividades, LIM.

  

   

  • Facemos xogos, mandalas de outono.

    

  • Ambientamos os corredores partindo do conto “EL CIRCULO DE MIRÓ QUIERE SER ESQUELETO”. Con este conto coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e sobre todo as emocións.

  

     . Escoitamos contacontos de medo a cargo das familias.

  • Participamos no mural do cole ( co título SAMAÍN POLO MUNDO), cun barrilete que fixemos xunto cos laciños azuis. Mentres en Galicia decoramos cabazas, noutros países seguen outras tradicións, como en Guatemala, que fan voar uns enormes e coloridos barriletes. 

Nós quixemos que fose un barrilete moi terrorífico e cos elementos característicos do noso Samaín e….que bonito nos quedou!

  

 

Non vos esquezades que  para a semana é …..A GRAN FESTA DAS CABAZAS!!!

ANIVERSARIO DE SETEMBRO

Hoxe celebramos o primer aniversario deste curso, LUISA escribíu o seu nome na coroa e cambiou a súa foto para a tarta de 4 anos,  QUÉ ILUSIÓN!!!!

Como agasallo leva unha maleta chea de agarimo.  PARABÉNS LUISA!!!

DÍA DO PUNTO, 15 DE SETEMBRO

Celebramos o día Internacional do punto coas seguintes actividades.

Retomamos o conto do curso pasado “ el punto” de Peter H. Reynolds e  xunto co de “ Casi “do mesmo autor. Primeiro falamos do que nos custa facer algunas cousas e de  como nos sentimos cando algo non nos sae ben. Falamos da importancia do esforzo e a constancia .

 

Para demostrarlles que confiábamos neles  e en todo o que levan dentro, démoslles un gran punto para que pintasen e decorasen libremente.

Coa axuda dunha tablet e coa app quiver poidémolo ver en realidade aumentada, pura maxia!.

Por último, como ocorre no conto, enmarcamos as nosas obras de arte.

 

BENVIDOS AO COLE DE NOVO

Comezamos unha nova aventura, un curso que seguro será especial con moita ilusión por aprender cousas novas.

Esta semana estivemos a lembrar rutinas, explorando os novos recunchos, os xoguetes…e como non, contando todas as aventuras do verán. Aproveito para comentarvos que temos unha nova compañeira que se chama Delal.

 Así comezamos a semana cunha sorpresa que nos trouxo Maki, a nosa mascota, unha criatura silenciosa!

Vén do país Cala-criter, non lle gustan os ruídos porque lle molesta nos oídos. Gustaríalle facer amigos terrícolas e a nos gustounos moito él, tanto que non nos foi difícil manter a orden na clase...

... todo con tal de telo contento!. Acompañounos toda a semana e estamos seguros que ten mais amigos agachados polo cole….Atoparémolos ?

Irémosvos contando! CLICA NAS IMAXES

 

   

 

FESTA FIN DE CURSO

Rematamos o curso, e que mellor maneira de facelo que bailando, pintando ou xogando todos xuntos!

Chega o verán e toca descansar. Darvos as  grazas por todo o voso

cariño. Desexarvos que  disfrutes das vacacións. FELIZ VERAN.

Powered by Drupal - Design by artinet