DÍA DO PUNTO, 15 DE SETEMBRO
Celebramos o día Internacional do punto coas seguintes actividades.
Retomamos o conto do curso pasado “ el punto” de Peter H. Reynolds e xunto co de “ Casi “do mesmo autor. Primeiro falamos do que nos custa facer algunas cousas e de como nos sentimos cando algo non nos sae ben. Falamos da importancia do esforzo e a constancia .
Para demostrarlles que confiábamos neles e en todo o que levan dentro, démoslles un gran punto para que pintasen e decorasen libremente.
Coa axuda dunha tablet e coa app quiver poidémolo ver en realidade aumentada, pura maxia!.
Por último, como ocorre no conto, enmarcamos as nosas obras de arte.