lazo vermello

ANIVERSARIOS XUÑO, VERÁN

Celebramos o aniversario de VIOLETTA.

PARABÉNS !!!

Tamén celebramos os cumples do verán. PARABÉNS !! aos non "cumpleañosos" : IKER, MANU, ANDRÉS, CARLA, LEO, URIEL E GABI.

REMATAMOS O PROXECTO BICHOS DA TERRA

Rematamos o proxecto dos bichiños da terra, pasámolo xenial, observando todos os  animaliños que vimos no cole, aprendimos moitas cousas deles. O venres veu a profe Nerea a desexarnos un FELIZ VERÁN A TODOS. Menuda sorpresa !!!

 

PORTADAS, XOGOS... CASE REMATAMOS

Para rematar o curso fixemos unhas portadas moi orixinais, unhas flores de mapoula para despedir a primavera e un precioso peixe para recibir o verán, tamén xogamos moito, porque como xa case somos os medianos de infantil dános tempo para todo.

REMATAMOS O PROXECTO "ASÍ SON EU"

Rematamos a segunda parte deste proxecto onde aprendimos moitas cousas sobre nos, como eramos, a nosa cor preferida... a nosa familia... deixovos tamén as trasnadas de Maki coas tesoiras e os nomes de pasar lista.

PROXECTO OS BICHIÑOS DA TERRA: O CICLO DAS BOLBORETAS

Ao longo destas semanas poidemos observar o ciclo das bolboretas. A partir duns ovos pequeniños nacían uns vermiños que comían e comían  morera sen parar ata convertirse nunhas grandes eirugas.  Vimos como eran capaces de texer uns casulos nos que quedarían atrapados, para despois duns cantos días acabar converténdose nunhas avelaíñas ou bolboretas. Bolboretas que poñerían novos ovos para así volver a empezar o ciclo.

 

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

O mércores visitamos o acuario,  Miguel o monitor do acuario falounos de todas as cousas que íamos visitar. Na sala NAUTILUS contóunos que nadaban os peixes mais grandes do acuario: douradas, meros e quenllas, e a súa decoración lembra o submarino Nautilus do capitán Nemo. Ali vimos a Gastón e a Ángela dúas quenllas moi diferentes. Na sala MAREMAGNUM  vimos raias mariñas, polbos, morenas... a granxa do acuario (bateas)... Visitamos o tanque das medusas e tamén  tocamos unha estrela de mar. Vimos a Nemo, os peces paiasos e a Dori, tamén visitamos as piscinas das focas. GUSTOUNOS MOITO!!!

ANIVERSARIO DO MES DE MAIO

Celebramos o aniversario de THIAGO.

PARABÉNS !!!

Preparou a coroa, cambiou a foto da tarta do 3 para a de 4 e levou de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe  viñeron Ely e Antonio, os pais de Leo, a contarnos dous contos, e con eles rematamos os contacontos das Letras Galegas.

Moitas grazas a todos os que participastes nesta actividade.

 Tamén tivemos a sorte de que viñeran dúas nenas de 6º de primaria, María e Lola, a contarnos un conto. Moitas grazas, gustóunos moito.

   

A profe de inglés Mónica veu a dar clase con Alexander (mestre intérprete de inglés en Primaria) e  contounos un conto en inglés. Moitas Grazas!!!

 

PROXECTO OS BICHIÑOS DA TERRA II

Seguimos traballando neste proxecto...

... leemos contos de moitos bichiños da terra e intentamos debuxalos.

 

...cada día observamos os vermes de seda, xa fixeron todos o seu casulo e xa naceu a nosa primeira bolboreta.

  

... estamos a piques de rematar o conto  " La oruga glotona" con él traballamos o conteo do número 1 ata o 5, as formas xeométricas, o vocabulario dalgúns  alimentos e dos días da semana, o debuxo...

   

... rematamos o decorado da porta e aproveitamos que veu a profe Nerea a visitarnos para facer esta bonita foto.

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe  viñeron Eva e Javi, os pais de Gabi, a contarnos un conto.  Pasámolo moi ben. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué sabe a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño; O ourizo e a lebre; Os tres osos; Orellas de bolboreta; Caramuñas, Pete o gato, A mellor sopa do mundo; a toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza...; O rato e o elefante; Dona Carme.

Powered by Drupal - Design by artinet