lazo vermello

PROXECTO O NOSO CORPO DENDE A CABEZA AOS PÉS. INVESTIGANDO... DIFERENTES ÓRGANOS

Levamos varias semanas falando do corpo, de como é por dentro, fixemos a silueta do encargado e xogamos a colocarlle algúns órganos, xogamos a buscar parellas... estamos aprendendo moito coas cancións... 

TALLER DOS SENTIDOS - DÍA DAS DISTINTAS CAPACIDADES(3 de decembro)

Ao longo da semana pasada fixemos un taller dos sentidos partindo do conto "El país de los sentidos" en diferentes días e nalgúns momentos da Asemblea adicamos tempo a coñecer cada sentido,tamén nos xuntamos cos laciños azuis. O obxectivo principal era descubrir como os nosos sentidos dannos información en cada momento do que hai ao noso arredor, coñecer que órganos permítennos e están asociados a eses sentidos e ter algunhas experiencias a través deles. • VISTA: Xogos de discriminación visual, vexo vexo, taparnos os ollos… • OIDO: Xogos de discriminación auditiva: sons do noso corpo, cos ollos tapados recoñecémonos pola nosa voz, música… • OLFATO: Discriminación de obxectos polo seu cheiro. • GUSTO: Puntos da lingua onde se perciben os sabores. Experimentamos co doce, salgado, ácido  probando: azucre, sal e limón. • TACTO: Percepción do frio e calor, recoñecemento de obxectos cos ollos tapados.

 

Aproveitando que se achegaba o día 3 de decembro “día da discapacidade” quixemos concienciar ao noso alumnado sobre as limitacions sensorias ou motóricas. Na sesión de música, a mestra Sonia ensinounos a linguaxe de signos e na sesión de psicomotricidade, realizamos percorridos con antifacers e cadeira de rodas. Serviunos para reflexionar  sobre a importancia de respetar, valorar e integrar ás persoas con distintas discapacidades e recoñecer o  mérito que teñen ao romper barreiras.

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Celebramos os aniversarios de  MATEO E ADRIANA, cambiaron a súas fotos para a tarta de 4 anos,  QUÉ ILUSIÓN!!!!

Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo. 

PARABÉNS MATEO!!!

 

PARABÉNS ADRIANA!!!

PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS. INVESTIGANDO...APARELLO LOCOMOTOR (ÓSOS E MÚSCULOS)

Empezamos o noso proxecto descubrindo como somos por dentro, mediante vídeos, contos e información que foron traendo para o recuncho... moitísimas grazas polas vosas aportacións.CLICADE NAS IMÁXES PARA VER MÁIS.

     

...investigando descubrimos que non somos xelatina, grazas aos ósos mantémonos de pé, non nos movemos como os robots porque

temos articulacións e músculos, polo que decidimos  descubrir que é o esqueleto,  como se chaman os ósos, cantos temos, cal é o máis longo…

 

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Conmemoramos este día co  conto titulado “MARUXA” de Eva Mejuto.

Maruxa e Pepiño vivían na aldea,

Maruxa cosía, varría e labraba

Pepiño cantaba, folgaba e durmía…

Mais un día….

Maruxa,muller astuta, logra que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue así que cambie de actitude.

A partir de aí decidimos facer un mural baixo o lema “TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA”. Seis casas, unha de cada clase de infantil, e todas  coas fotos que nos mandastes. Velaquí tedes o resultado!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

EN OUTONO... A FESTA DO MAGOSTO

Estamos no outono e aprendemos moitas cousas desta estación: vocabulario novo, cancións, contos...

 

... fixemos moitas actividades: mandalas, grafismos, letras...CLICA NAS IMAXES PARA VER TODAS AS MANDALAS

    

 

...paseos de outono... CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS

   

...debuxos...

  

...e para rematar fixemos manualidades para celebrar a festa do magosto, vimos o lume de asar as castañas e logo comémolas, tamén bailamos ca música do grupo Donaire. CLICA NAS IMAXES PARA VER A FESTA

  

 

 

BENVIDA PROFE YESSICA

O xoves chegou o cole Yessica que é a nova compañeira de infantil que sustitúe a profe Begoña. Onte xa tivemos a psicomoticidade con ela e hoxe a clase de música. Pasámonolo moi ben !!!

   

DESPEDIDA DA PROFE BEGOÑA

Despedimos a Begoña, mestra de apoio e música  Os laciños vermellos e as súas familias dámosche as grazas por coidarnos tanto, axudarnos e ensinarnos a disfrutar da música.

Desexámosche moita sorte nesta nova andadura e que como ben dicías ti, poidas descansar moito, merécelo.

Botarémoste   de  menos!! MOITOS BICOS.

 

 DE PARTE  DA PROFE BEGOÑA MOITÍSIMAS GRAZAS  ÁS FAMILIAS POLO VOSO CARIÑO.

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os aniversarios de  ERIC E NICO, escribiron o seu nome na coroa e cambiaron a súas fotos para a tarta de 4 anos,  QUÉ ILUSIÓN!!!!

Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo. 

PARABÉNS NICO!!!

 

PARABÉNS ERIC!!!

O NOSO SAMAÍN

 

Estas semanas estivemos celebrando o samaín con moitas actividades: contacontos, manualidades, xogos, disfraces... CLICADE NAS IMAXES PARA VER MÁIS

  

       

 

E por fin chegou o día da gran FESTA DAS CABAZAS....cada día son máis impresionantes. 

   

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet