TALLER DOS SENTIDOS - DÍA DAS DISTINTAS CAPACIDADES(3 de decembro)

Ao longo da semana pasada fixemos un taller dos sentidos partindo do conto "El país de los sentidos" en diferentes días e nalgúns momentos da Asemblea adicamos tempo a coñecer cada sentido,tamén nos xuntamos cos laciños azuis. O obxectivo principal era descubrir como os nosos sentidos dannos información en cada momento do que hai ao noso arredor, coñecer que órganos permítennos e están asociados a eses sentidos e ter algunhas experiencias a través deles. • VISTA: Xogos de discriminación visual, vexo vexo, taparnos os ollos… • OIDO: Xogos de discriminación auditiva: sons do noso corpo, cos ollos tapados recoñecémonos pola nosa voz, música… • OLFATO: Discriminación de obxectos polo seu cheiro. • GUSTO: Puntos da lingua onde se perciben os sabores. Experimentamos co doce, salgado, ácido  probando: azucre, sal e limón. • TACTO: Percepción do frio e calor, recoñecemento de obxectos cos ollos tapados.

 

Aproveitando que se achegaba o día 3 de decembro “día da discapacidade” quixemos concienciar ao noso alumnado sobre as limitacions sensorias ou motóricas. Na sesión de música, a mestra Sonia ensinounos a linguaxe de signos e na sesión de psicomotricidade, realizamos percorridos con antifacers e cadeira de rodas. Serviunos para reflexionar  sobre a importancia de respetar, valorar e integrar ás persoas con distintas discapacidades e recoñecer o  mérito que teñen ao romper barreiras.

Powered by Drupal - Design by artinet