lazo azul

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO

Aproveitando o comezo do curso e que o díha 15 de setembro foi o   Día Internacional do punto lemos os contos   El  punto e  Casi de PETER H. REYNOLDS. Xa os coñecíamos, pero quixemos lembralos posto que nos parecen moi importantes de cara a  fomentar a creatividade e sacar  o potencial que todos levamos dentro.

Sen embargo, nesta  ocasión escollemos para traballar o álbum  Vacío. Un conto que trata dunha nena chamada Julia que ten unha vida plena, ata que un día nota un gran baleiro. Un baleiro probablemente producido por unha  pérdida e que tratará de tapar con varios tapóns, pero aínda así  non o conseguirá  de todo.

Nós na aula enfocámolo  cara os sentimientos que nos provocan o comezo do curso ou a volta das vacacións… así fomos mencionando o que botabamos de menos  e o que nos facía sentir mal. Non faltaron os comentarios de “echo de menos a mis padres, el verano, a mis primos...” Despois disto, tal como di o conto, buscamos dentro de nós e  conseguimos un tapón para ese baleiro   como “ me ayuda el jugar con mis amigos, el soñar  con ir a un parque de atracciones, el poder tener un perro….”

Posteriormente representámolo a través dos nosos dibuxos.

      

 

Creo que o conto foi unha boa ferramenta para ir educando  a intelixencia emocional á par que nos permitiu traballar a creatividade, comprensión  ou a escritura entre outras.

 

BENVIDOS!!

Comezamos o curso, xa estamos en 5 anos!! Esperamos que este derradeiro ano de infantil sexa especial para todos/as.

Lembrade que o luns 30 de setembro ás 16.00 temos reunión,  podedes vir un ou os dous proxenitores.

FELICES VACACIÓNS!!

MOITAS GRAZAS !!

REMATAMOS O CURSO

- fixemos un experimento e xogos de auga cos laciños vermellos, falamos da contaminación e do desastre do Prestige.

  

  

 

 

Hoxe tivemos a festa de FIN DE CURSO, fixemos un montón de  xogos e pasámonolo moi ben!!

  

 

  

 

 

ANIVERSARIOS XUÑO, XULLO E AGOSTO

PARABÉNS A TODOS/AS!!!!!

  

 

REMATAMOS O PROXECTO GARDIÁNS DO PLANETA

Con este proxecto quixemos concienciar os nenos/as do cuidado do seu entorno máis próximo(a súa casa, o parque...) para conciencialos do cuidado do planeta. Levamos a cabo 4 misións onde aprendimos e disfrutamos moito, agora xa somos uns aútenticos gardiáns do planeta.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

4ª MISIÓN: COIDAMOS DA AUGA

A auga é un elemento indispensable para a vida e, por este motivo, é fundamental que os nenos coñezan a  súa importancia.Que pasaría si non existise auga no planeta?...

Coñecimos a Awi unha gotiña moi viaxeira...

 

 

ANIMAIS EN PERIGRO DE EXTINCIÓN

Algúns dos animais máis estraños do noso planeta están en perigo  de extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando fotografías dalgún deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes. Nós temos algúns preferidos que observamos coa nosa lanterna máxica: o picozapato, o oso panda, o ajolote…

 

Todos eses animais están en perigo pola contaminación do planeta , pero nós tamén podemos axudar evitando algunhas accións que prexudican o planeta.

 

Tamén falamos da importancia dos insectos, sobre todo das abellas e observamos un “hotel de insectos” que poremos no patio cerca do horto.

 Contamos unha chea de contos e algúns os debuxamos…

  

Con todas estas actividades rematamos esta misión.

 

3º MISIÓN: COIDAMOS OS ANIMAIS

Comezamos a 3º misión que fala de coidar os animais, para poder coidalos temos que coñecer un pouco como son , onde viven (hábitat), qué comen... acordámonos tamén da tartaruga "Curacura" que nos falaba de que algúns estaban en perigro. Comezamos a clasificalos polo seu hábitat: mar, terra, aire.

   

  

Powered by Drupal - Design by artinet