lazo azul
COMEZAMOS TRIMESTRE
Comezamos con algunhas novidades:
- Os Reis Magos e Papa Noel, deixaron un agasallo na "aula maker" fomos a descubrilo e encantounos. É un robot, chámase Super Doc. e cremos que hai varios coma él.
- Na inaguración da Exposición dos traballos do Certame de Fotografía e Debuxo que se levou a cabo para conmemorar o 25N, a Concelleira de Benestar Social entregounos un agasallo por participar.
- Esta semana apareceron varias pegadas na clase, non sabemos moi ben de que animaliños se tratan pero cremos que necesitan axuda.
FESTIVAL DE NADAL
Chegou o tan ansiado día, e celebramos o festival de Nadal.
Moitas grazas pola vosa colaboración e desexarvos que pasedes... un BO NADAL.
ANIVERSARIOS DE DECEMBRO
Rematamos o ano celebrando os aniversarios das mais pequeniñas OLIVIA E SAHILY.
PARABÉNS!!
SAÍDA: SEDE AFUNDACIÓN
Esta semana tivemos a nosa primeira saída deste curso, fomos á exposición de fotografías “Acariñando a ferida da vida salvaxe” na sede AFUNDACIÓN. Alí contáronnos que algúna animais están en perigo de extinción como a tartaruga “Cura cura”. Dixéronnos que podiamos axudalos coidando o planeta, reciclando, evitando as guerras ou protexendo aos animais e os sitios onde viven.
Despois fixemos un Obradoiro onde pintamos un AXOLOTE (un dos animais que pode desaparecer) e puxémoslle un botón máxico. A continuación co programa informático SCRATCH conseguimos que a corrente eléctrica pasara duns a outros e o axolete fixese glu, glu….
PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS (IV)
Continuamos con actividades que nos permiten profundizar no coñecemento dos órganos internos .
Recibimos a visita dos pais de Lucía (laciño vermello) que nos contaron un conto en inglés relacionado co proxecto, como o corpo nos avisa da fame, do frío, sentidos….
Tamén nos visitou a mamá de Andrés de laciño vermello que é médico. Explicounos un pouco en que consistía o seu labor, a importancia de cuidar a nosa saúde e ensinounos un montón de material médico, fonendoscopio, martillo, desinfectante…Unha experiencia súper interesante!
Grazas a ambas familias por vir!!
ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
A piques de rematar o ano, celebramos os aniversarios de novembro. Xa só faltan dous por cumplir 4!!
Parabéns Ezequiel e Candela!!
PROXECTO O CORPO (III) TALLER DOS SENTIDOS E DÍA DA DISCAPACIDADE
Realizamos un taller dos sentidos xunto cos laciños vermellos.
Coñecemos os sentidos e os seus órganos, a partir do conto “O país dos sentidos”. Logo realizamos outras actividades relacionadas con cada un dos sentidos como adiviñar a procedencia de distintos sons , probar cousas de distintos sabores ( doce, amargo, salgado…) adiviñar cos ollos pechados de que obxecto se trata e por último recoñecer cousas de distintas texturas.
Aproveitando que se achegaba o día 3 de decembro “día da discapacidade” quixemos concienciar ao noso alumnado sobre as limitacions sensorias ou motóricas. Na sesión de música, a mestra Sonia ensinounos a linguaxe de signos e na sesión de psicomotricidade, realizamos percorridos con antifacers e cadeira de rodas. Serviunos para reflexionar sobre a importancia de respetar, valorar e integrar ás persoas con distintas discapacidades e recoñecer o mérito que teñen ao romper barreiras.
PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS (II)
Seguimos avanzando no proxecto “ O NOSO CORPO ”. Ao largo destas semanas incidimos:
NO CORPO POR FÓRA:
Cal é a diferencia entre nenos e nenas (vulva, pene).
Partes: cabeza, tronco e extremidades ( silueta en papel contínuo, canción o corpo do grupo Migallas).
Observamos e rexistramos a través de gráficas a altura, peso, cor de ollos, cor de pelo e número de calzado. Isto permetiunos traballar de forma divertida os números e a interpretación de gráficas (barras verticais, horizontais, porcións…)
Recoñecemos unidades de medida e de peso (metro, kilo). Experimentamos coas medidas.
NO CORPO POR DENTRO:
ESQUELETO. Formado por ósos que nos permiten movernos, sosternos de pé. Coñecemos o nome dalgúns ósos, uns son mais largos que otros, articulacións…todo a través do esqueleto HUESITOS, radiografías, vídeos e libros de consulta.
MÚSCULOS. Sabemos que se estiran e se encollen e asociámolo ao mundo do deporte, abdominalES, bíceps…Axúdannos a movernos e producen calor. Averiguamos que o corazón tamén é un musculo e que traballa día e noite.
ÓRGANOS INTERNOS
Recoñecemos o cerebro, corazón, fígado, pulmóns e riñóns a través de novas aportacións…
Descubrimos como se chaman os tubiños que levan sangue por dentro.
Aprendemos que hai dous pulmóns, que nos permiten respirar e observamos como se inflan e desinflan.
Incidimos na importancia dunha alimentación sana e equilibrada .. Clasificamos alimentos sans e perxudiciais para a nosa saúde, repasamos as merendas …
Coñecemos un número de emerxencia para poder chamar en caso de que nos atopemos mal ou estemos en perigo.
25 N "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
Conmemoramos este día co conto titulado “MARUXA” de Eva Mejuto.
Maruxa e Pepiño vivían na aldea,
Maruxa cosía, varría e labraba
Pepiño cantaba, folgaba e durmía…
Mais un día….
Maruxa,muller astuta, logra que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue así que cambie de actitude.
A partir de aí decidimos facer un mural baixo o lema “TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA”. Seis casas, unha de cada clase de infantil, e todas coas fotos que nos mandastes. Velaquí tedes o resultado!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
CELEBRANDO O MAGOSTO
Co motivo da celebración do MAGOSTO aproveitamos para realizar unha serie de actividades:
- Nomear e diferenciar entre froitos secos e carnosos.
- Realizar mandalas con froitos e follas do outono.
- Xogar ao tres en raia.
- Saír ao campo a disfrutar e observar setas, follas de distintas cores, árbores, animaliños…
- Dibuxar (nos seus dibuxos estivo moi presente a choiva, tan característica de este outono).
- Facer manualidades (broche e brazalete).
- E como non!...disfrutar moito da festa do magosto, comendo e bailando ao ritmo de alumnado de Donaire…
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »