lazo azul

DIA INTERNACIONAL DO PUNTO

 Venres día 15 de setembro , celebramos o día Internacional do punto.

Retomamos o conto do curso pasado “ el punto” de Peter H. Reynolds e  xunto co de “ Casi “do mesmo autor desenvolvemos unha serie de actividades.

Primeiro falamos do que nos custa facer algunas cousas e de  como nos sentimos cando algo non nos sae ben. Falamos da importancia do esforzo e a constancia .

 

Para demostrarlles que confiábamos neles  e en todo o que levan dentro. démoslles un gran punto para que pintasen e decorasen libremente.

Coa axuda dunha tablet e coa app quiver poidémolo ver en realidade aumentada, pura maxia!.

Por último, como ocorre no conto, enmarcamos as nosas obras de arte.

 

BENVIDOS !

Benvidos ao novo curso escolar que afrontamos con moita ilusión!

Xa nos coñecemos polo que este curso todo é moito mais doado. Aínda así,  aproveitamos estes primeiros días para facer un recoñecemento de espazos, material e recunchos polos que teremos que desenvolver as nosas rutinas diarias,  o cal nos vai aportar seguridade e confianza .

Aproveitamos tamén para establecer  novos equipos de traballo que seguramente manteñamos ao longo do trimestre.

E unha sorpresa!...coñemos un ser moi estraño e especial, unha criatura silenciosa. Ven do planeta Cala.criller e posúe un oído tan increíblemente bo, que un simple ruído xa lle fai dano.

Gustounos moito, tanto, que non foi  difícil manter o silencio na clase…. todo con tal de telo contento!. Acompañounos toda a semana e estamos seguros que hai mais criaturas agachadas  polo cole….Atoparémolas ?

Irémosvos contando!

 

GRAZAS FAMILIAS, GRAZAS LACIÑOS AZUIS!

A continuación déixovos unhas fotos moi simpáticas. Algo que traballamos moito ao longo do curso, as súas iniciais e o dibuxo da figura humana.

Tiven un percance e  algunha foto borróuseme, polo que si vedes que algún neno ou nena non está, podedes mandarma ao correo  e eu engadireina.

Chega o verán e toca descansar. Darvos as  grazas por todo. Desexarvos que  disfrutedes moito e ...vémonos en setembro! 

 

REMATE CURSO

Rematamos o curso, e que mellor maneira de facelo que bailando, pintando ou xogando todos xuntos! Participamos tamén co resto  do cole nunha serie de xogos organizados.

Pasámolo xenial ! 

PROXECTO: BICHIÑOS DA TERRA II

Ao longo destas semanas poidemos observar o ciclo das bolboretas. A partir duns ovos pequeniños nacían uns vermiños que comían e comían  morera sen parar ata convertirse nunhas grandes eirugas.  Vimos como eran capaces de texer uns casulos nos que quedarían atrapados, para despois duns cantos días acabar converténdose nunhas avelaíñas ou bolboretas. Bolboretas que poñerían novos ovos para así volver a empezar o ciclo.

Decidimos soltalas no campo e gardar os oviños para a vindeira primavera, a pesar de que non todos estabamos dacordo, pois había quen decía que eran as nosas mascotas…

 Unha experiencia que nos permitiu adentrarnos no mundo dos bichiños xunto cos    caracois que nos trouxeron Rafa e Maia, bichos bóla de Markel, escarabello de Luca F  ou mesmo un saltón que atrapamos no ximnasio.

 

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

O mércores visitamos o acuario,  Miguel o monitor do acuario falounos de todas as cousas que íamos visitar. Na sala NAUTILUS contóunos que nadaban os peixes mais grandes do acuario: douradas, meros e quenllas, e a súa decoración lembra o submarino Nautilus do capitán Nemo. Ali vimos a Gastón e a Ángela dúas quenllas moi diferentes. Na sala MAREMAGNUM  vimos raias mariñas, polbos, morenas... a granxa do acuario (bateas)... Visitamos o tanque das medusas e tamén  tocamos unha estrela de mar. Vimos a Nemo, os peces paiasos e a Dori, tamén visitamos as piscinas das focas. GUSTOUNOS MOITO!!!

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe  viñeron Ely e Antonio, os pais de Leo ( LAZO VERMELLO), a contarnos dous contos, e con eles rematamos os contacontos das Letras Galegas.

Moitas grazas a todos os que participastes nesta actividade.

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe  viñeron Eva e Javi, os pais de Gabi (laciño vermello), a contarnos un conto.  Pasámolo moi ben. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué sabe a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño; O ourizo e a lebre; Os tres osos; Orellas de bolboreta; Caramuñas, Pete o gato, A mellor sopa do mundo; a toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza...; O rato e o elefante; Dona Carme.

Powered by Drupal - Design by artinet