lazo azul

ANIVERSARIOS DE MARZO

Moitas felicidades para GAEL e ASTRYD que cumpliron xa 5 aniños!!



CONTO:" SIETE RATONES CIEGOS"

Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro”  e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo  e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Gustounos moito!

        

 

HORTO

Tal como nos comprometéramos no coidado do medioambientep pois comezamos esta semana indo ao horto escolar con  Yago García-Garaball, que é asesor e creador de hortos ecolóxicos. Contounos que antes de plantar temos que preparar a terra e usar unhas ferramentas axeitadas. Despois de escoitar todos os consellos prácticos que nos deu, axudámoslle a preparar a terra e cubrímola con serraduras de madeira para que conserve a húmidade para cando toque plantar.

 

PROXECTO OS POLOS III

Xa sabemos moito sobre a vida dos inuits, onde viven,  que comen, como  se visten, como son as súas casas, que medios de transporte usan, e como é a súa cultura ( arte, tradicións, amuletos….)

Na clase intentamos parecernos cada vez mais a eles ( saimos de caza, pescamos, cociñamos no iglú, formamos inushuks para orientarnos, traemos amuletos para que nos protexan e nos den sorte e ata xogamos na mesa sensorial como si estivésemos na neve).

Chegamos ao final do proxecto, gustounos tanto que aínda seguen  chegando aportacións. Luca tróuxonos  un mural  dos Polos,  Jana unhas bonitas manualidades, Markel  un xogo no que se traballan  de forma divertida números e vocabulario relacionado coa temática   e  Saúl un diploma no que se acredita que apadriñou un pingüín chamado Pepe e  que polo tanto  se compromete  a esforzarse todo o  posible para cuidar o medioambiente. Gustounos tanto esta  iniciativa que  os laciños azuis tamén nos sumamos.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do día muller participamos nunha actividade proposta polo centro que consisitu en  elexir unha muller relevante na historia .

Viaxamos no tempo, e eleximos a Josephine Diebitsch Peary porque foi a primeira muller en formar parte  nunha expedición ao Ártico. Foi fotógrafa, documentalista e conviviu coas mulleres inuits, incluso  tivo alí á súa filla a cal chamarían "o bebé das neves". Foi unha muller valente e que demostrou que non hai límites para os soños e a aventura. CLICA NA IMAXE

Despois tamén disfrutamos da lectura de contos relacionados coa temática e rematamos  dibuxando unha muller importante na nosa vida, aquí tedes o resultado.

 

SAÍDA GADIS

Participamos a través dunha saída, no programa ALIMENTES, un programa educativo posto en marcha polo supermercado Gadis para concienciar ao alumnado da  importancia dunha  alimentación saudable , da actividade física  e do consumo responsable.

Despois dunha charla na que se fixo fincapé nas porcións de alimentos indicados para unha alimentación equilibrada, visitamos as distintas seccións e aprendemos moitas cousas como o nome de novas froitas, verduras, a diferencia entre pescado branco ou azul,  as ventaxas do pan artesán ….

Foi moi interesante, agora só falta aplicalo!

 

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

Moitas felicidades para Mara que cumpliu xa 5 aniños!!

 

CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano unímonos a iniciativa da asociación de escritores en lingua galega (AELG) para conmemorar este día. Algunhas das actividades que fixemos son:

- Lemos un poema,recitámolo, dibuxámolo (rapaza, ríos, ondiñas, grilos, galos,  fontes...)e  logo fixemos unha colaxe con todos os nosos debuxos.

 

 

 

- Coa profe Sonia cantamos a canción de Migallas baseada no poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro

 

EXPERIMENTOS

Por que os animaliños do Polo norte son brancos? 

Fixemos un experimento con papel de cores e comprobamos que os papeis de distinta cor vense máis, por eso os animaliños brancos  escondense mellor na neve.

Por que  no ceo dos Polos aparecen cores e formanse as Auroras ?

Descubrimos que as auroras prodúcense tanto no polo norte como no sur , pero se chaman de forma diferente, as do norte son boreais e as do sur austrais. Prodúcense cando os raios do sol, vento solar, chega á Terra choca contra o campo magnético do planeta, producindo correntes de partículas cargadas que flúen cara os polos. É dicir chocan cos gases dependendo do gas fórmase unha cor diferente.

 

FESTA DE ENTROIDO

FELIZ ENTROIDO !!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet