lazo azul

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Esta semana celebramos a festa do MAGOSTO.

Introducimos o tema co conto de “El huevo del erizo".

 Logo aproveitamos as castañas como motivación para facer un montón de actividades:  series, conteo, búsqueda na mesa sensorial do outono, trasvases, cancións, adiviñas ou manualidades (coroa)…

 

O martes viñeron uns castañeiros e ensináronnos como se asan as castañas… 

 

Por último disfrutamos coas actuacións da asociación Donaire. 

 

CONTACONTOS DE MEDO II

 Alba e Alejandro, pais de Martín  que nos contaron CORRE CORRE CABACIÑA-

Rafa e Luisa pais de Rafa, que nos escribiron e representaron un bonito conto adaptado e creado por eles.

CONTACONTOS DE MEDO

Cada vez son mais as familias que se animan a contar contos e cada vez hai un maior grado de implicación. Non é doado captar a atención de tanto alumnado e de tan curta idade, polo que vos felicito.

Agradecer a todas as familias que viñeron  e  tamén aos que por diversos motivos non  poden  vir. GRAZAS

Rebeca, mamá de Luca Tasende, que nos contou COCORICO.

 

Sofía tía d eLuca Fernández que nos contou GUAPA.

  i

Inma  mamá de Saúl que nos contou OS TRES BANDIDOS. A PANTASMA DAS BRAGS ROTAS E ESQUELETOS DE RISA.

Raquel mamá de Markel e Amanda mamá de Thiago que nos contaron CARABUÑAS.

 R

CELEBRANDO O SAMAÍN

Tivemos unha semana magnífica de terror, con manualidades, contos de medo, disfraces e decorado de cabazas.Que ben o pasamos!

Moitas grazas familias pola vosa colaboración e...FELIZ SAMAÍN!!

 

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Celebramos os aniversarios do mes de outubro. Decoramos a coroa e poñemos o nome , cambiamos a foto da tarta do 2 ao do 3, sopramos as velas e recibimos un agasallo, unha variña máxica para que se cumplan todos os nosos desexos!

PARABÉNS Verónica, José e Isaac!!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co motivo da conmemoracíon do Día das Bibliotecas Escolares ( 24 de outubro) participamos no concurso a nivel de centro, de caixas literarias. Un concurso que  consiste en  elaborar unha caixiña por curso, con pistas sobre un conto en galego. O noso conto foi CHIBOS, CHIBÓNS e elaboramos esta preciosa caixiña entre todos.

  Agora queda o mais difícil,  adiviñar as caixas dos outros laciños e que podedes ver neste genially  que fixo a profe Bea.

 

SAMAÍN

Aproveitando que se achega unha das festas máis divertidas do cole, imos traballar a emoción do medo, a través de contos, cancións, manualidades, disfraces…

Chega o Samaín polo que o corredor principal do cole e as portas das nosas aulas se visten de  cabazas e pantasmas. Non son unhas cabazas calquera, senón unhas cabazas máxicas!!

Participamos tamén no mural conxunto do centro no que cada curso aportaba unha persoaxe máxica. A nosa foron ...AS PANTASMAS!!

 

PROXECTO ASÍ SON EU


Seguimos a recibir murais que nos permiten coñecernos un pouquiño mellor. Grazas familias pola vosa colaboración!!

 

      

 

PROXECTO ASÍ SON EU

Pouco a pouco imos recibindo os murais de cada laciño azul. Uns murais que nos permiten coñecernos un pouquiño mellor.

Moitas grazas por estes marabilloosos traballos!!

 

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Celebramos os aniversarios de setembro. Cumpliu Sara e Thiago .

PARABÉNS!!!

Preparamos a coroa, cambiamos as fotos da tarta do 2 para a de 3 e agasallámolos cunha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos., co motivo de que estamos co proxecto da maxia a nivel de centro.

(Debido a un erro administrativo, na lista que me pasaron de secretaría, figuraba que tamén cumplía Mara, aínda que en realidade  cumple en  febreiro, polo que  pido disculpas por celebrarlle o aniversario. O positivo disto, que a ela non lle importou pois disfrutouno moito.

 

Powered by Drupal - Design by artinet