lazo azul

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos dous contacontos dos laciños vermellos, primeiro veu Erik o pai de Iker e despois veu Rebeca a nai de Nico. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué sabe a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño; O ourizo e a lebre; Os tres osos; Orellas de bolboreta.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos o contacontos dos pais de Rafa, Luisa e Rafa. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué saba a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño.

 

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos dous contacontos dos laciños vermellos, Vanesa, a madriña de Laura M. e os pais de Lucía, Marcela e Antonio. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué saba a lúa.

PROXECTO: BICHIÑOS DA TERRA

Aproveitando que estamos na primavera saímos aos arredores do cole e observamos os cambios que se producen: flores,  follas nas árbores e tamén bichiños que asoman (miñocas, xoaniñas, caracoles, vermes, bolboretas...)

Maki consigueunos uns ovos dos cales saíron uns vermiños...Que son? como se alimentan? que comen?

Xurden moitas preguntas e hainas que contestar polo que nos planteamos un novo proxecto, investigaremos  OS BICHIÑOS.

Poñémonos mans á obra e comezamos decorando as portas da aula.

 Este trimestre o conto a traballar será a EIRUGA LARPEIRA.

 

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

 Este mes co motivo das Letras Galegas imos a ter contacontos en galego. O venres veu a contarnos o conto Olalla, a mamá de Andrés. de laciño vermello. Moitas grazas, encantáronnos !!!!

VISTITA Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O paxaro Ole mandounos unha inivitación para que foramos á biblioteca. Coa axuda das bibliotecarias contounos tres contos,  un conto infinito ( que nunca acababa) un de rimas "Mister Magnolia " e outro "Os tres osos e Riciños de Ouro"....canto nos gustaron!

Despois eleximos uns cantos libros que nos gustaron para levar para a clase.

 

PROXECTO ASÍ SON EU

A piques de rematar do proxecto así son eu realizamos as seguintes actividades:

Agrupámonos seguindo unhas características de cor de pelo. sexo...

Traballamos a inicial de cada alumno/a.

Pintamos con canicas imitando a Pollock.

Asociamos inicial con tarxeta nome.

  

ANIVERSARIOS DE ABRIL

CUMPLIRON ESTE MES JIMENA E CRISTIAN.

 

 

MES DE ABRIL, MES DAS LETRAS

Mes de abril,  mes das letras. Co motivo do día do libro dende o cole levamos a cabo varias actividades para promover o fomento da lectura. É  moi importante ter un tempo para poder disfrutar dela xa que nos aporta moitos beneficios, mellora a linguaxe,  a comprensión, desenvolve a capacidade de concentración , memoria,  aumenta o vocabulario e estimula a imaxinación.

  • Antes do recreo a mestra cóntanos un conto  e despois das merendas lémolos nós.
  • Ao longo do mes de abril foron os  nenos e nenas de 3º e 4º primaria os que viñeron á nosa clase a contaranos  “Unha bruxa misteriosa”, “ A teupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” e “A princesa do Caurel”.
  • Descubrimos que a biblioteca é o lugar onde se gardan os libros
  • Visitamos a biblioteca do centro que está totalmente renovada.
  • Recibimos un vídeo no que se nos convida a visitar a biblioteca do Castrillón.
  • Estamos todos emocionados!!

Tamén podemos ver na web, no apartado BIBLIOTECA 2BLOG DA BIBBLIOTECA"  as fotos do alumnado que participou na actividade do día do libro.

Grazas pola vosa colaboración!

REMATE TRIMESTRE

Rematamos o proxecto "Escola de maxia" e o conto do paraugas de cores. 

Seguimos co proxecto "Así son eu" incidindo no tema do nome.

 

Powered by Drupal - Design by artinet