lazo vermello

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz, pero levamos varias semanas facendo actividades relacionadas con este día:

-Escoitamos e traballamos sobre un conto que nos gustou moito "El iglú" pero que nos fixo reflexionar sobre a Paz, as inxusticias, a indiferencia... estivemos traballando o significado(adaptado a súa idade) dalgunhas palabras que saían no conto.

 SOLIDARIDADE - FAME        COMPAÑÍA - SOIDADE          EDUCACIÓN -  ANALFABETISMO       

 PAZ - GUERRA                       INCLUSIÓN -   EXCLUSIÓN      AMOR -   ODIO

 

  

-Cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Alto el fuego" de Happening.

-Recollida de alimentos a favor da Cociña Económica.

Grazas a todas as familias por axudarnos a ser SOLIDARIOS E SOLIDARIAS.

O PAXARO OLE MANDOUNOS UNHA CARTA...

O luns chegounos a clase unha carta do paxaro Ole, nela decíanos que na súa biblioteca non había libros para ler se o  podiamos axudar.... él non coñece as letras, non sabe buscar libros ...

Imos axudalo, o primeiro foi ir a nosa biblioteca do cole a buscar un libro sen ningunha letra... "UN LIBRO DE IMAXES". Fomos a biblioteca do castrillón e alí as bibliotecarias explicaronnos moitas cousas da biblioteca, e ademáis contaronnos moitos contos a nos e a OLE.

MOITAS GRAZAS.

 

VISITAMOS O MUSEO DE BELAS ARTES

O martes visitamos o Museo de Belas Artes,toda unha experiencia, disfrutamos moito escoitando as historias dos cadros e esculturas, o fío conductor desta actividade era a auga como fonte de vida.

No cadro "As mariscadoras " do pintor galego de Luis Seoane coñecimos o traballo que facían esas catro mulleres na praia e coñecimos algúns animaliños que vivían no mar. Vimos cadros onde se facían traballos que ahora xa non e fan así, descubrimos como observando un cadro podemos ver distintos aspectos metereolóxicos, observar detalles... tamén reflexionamos sobre a importancia de coidar e valorar a auga.

MOITAS GRAZAS

 

.

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE ...

... con algunhas novidades:

- Os Reis Magos e Papa Noel, deixaron un agasallo na "aula maker" fomos a descubrílo e encantounos. É un robot, chámase Super Doc. CLICA NAS IMAXES

 

- Na inaguración da Exposición dos traballos do Certame de Fotografía e Debuxo que se levou a cabo para conmemorar o 25N, a Concelleira de Benestar Social nos entregou un agasallo por participar. Moitas grazas a Manu por axudarme a recollelo.

  

- Esta semana apareceron varias pegadas na clase, non sabemos moi ben de que animaliños se tratan pero cremos que necesitan axuda. CLICA NAS IMAXES

   

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe tivemos o festival de nadal, fixemolo moi ben!!!

Tivemos unha visita moi especial, a profe NEREA.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, DESEXEVOS UNHAS FELICES FESTAS!!

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Celebramos os aniversarios de  LUCÍA e LAURA, cambiaron a súas fotos para a tarta de 4 anos.

Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo. 

PARABÉNS LUCÍA!!!!

PARABÉNS LAURA!!!

QUÉ ILUSIÓN XA TEMOS TODOS 4 ANOS!!!!

 

ACTIVIDADES DE NADAL

O longo deste mes fixemos un montón de actividades de Nadal...

 

PROXECTO O NOSO CORPO DENDE A CABEZA AOS PÉS. INVESTIGANDO... A NOSA SAÚDE

Ao longo do trimestre fixemos unha chea de actividades relacionadas co benestar do noso corpo:

 

 - Comezamos aprendendo, como é o noso corpo por fora: diferencia entre nenos e nenas (vulva, pene), partes do corpo ( cabeza, tronco e extremidades). Observamos e rexistramos a través de gráficas a altura, peso, cor de ollos, cor de pelo e número de calzado. Isto permetiunos traballar de forma divertida os números e a interpretación de gráficas (barras verticais, horizontais, porcións…) . CLICA NAS IMAXES

 

 

    

 

- Temos que coidar a nosa saúde. Incidimos na importancia dunha alimentación sana e equilibrada .. Clasificamos alimentos sans e perxudiciais para a nosa saúde, repasamos as merendas … CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS

   

  - Coñecemos un número de emerxencia para poder chamar en caso de que nos atopemos mal ou estemos en perigo.

  - Recibimos a visita dos pais de Lucía que nos contaron un conto en inglés relacionado co proxecto, como o corpo nos avisa da fame, do frío, sentidos….

 -Tamén nos visitou a mamá de Andrés que é médico. Explicounos un pouco en que consistía o seu labor, a importancia de cuidar a nosa saúde e ensinounos un montón de material médico, fonendoscopio, martillo, desinfectante…Unha experiencia súper interesante!

Grazas a ambas familias por vir!!

PASAMOLO MOI BEN!

 

 

 

 

SAÍDA: SEDE AFUNDACIÓN

Hoxe tivemos a nosa primeira saída deste curso, fomos a unha exposición  de fotografías "Acariñando a ferida da vida salvaxe" na sede AFUNDACIÓN. Alí nos contaron que algúns animais estaban en perigro e que podían desaparecer... a tartaruga "Cura Cura" díxonos como podíamos axudarlles: coidando o planeta, reciclando, protexendo os animais e os sitios onde viven. Gustáronnos moito esos animaliños e queremos axudalos.

Fixemos un obradoiro onde descubrimos "cousas moi sorprendentes", o noso animaliño en perigro de extinción era un axolote, despois de pintalo e poñerlle un botón máxico, conseguimos que falara...(SCRATCH programa infórmatico) tamén vimos como nos tiñamos botóns máxicos e conseguíamos que a corrente eléctrica pasara de uns a outros.

 

ADEUS AO OUTONO... COMEZA O MES DO NADAL !!!

Rematamos  todas as actividades do outono co conto de "Corre, corre cabaciña" con él traballamos: a lectoescritura (grafismos, escribindo palabras sinxelas dos personaxes do conto, a grafía das letras "A,O"), a lóxica matemática (secuenciación do ciclo da cabaza e orde da historia do conto, números ordinais, grafía dos números "1,2"), a expresión Plástica ( picar, recortar, debuxar, pintar con diferentes técnicas...), expresión oral (vocabulario, cancións, dramatizacións, retahílas...) saídas o parque do cole. DISFRUTAMOS MOITO!!! 

CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS.

    

    

Comezamos o mes do nadal con moitas actividades:

-calendario de advento,  como agasallo levamos para a casa unha criatura misteriosa!!!Teremos que cuídala ben.

  

-estamos a decorar aporta da clase de inverno, con bonecos de neve... 

   

-Moitas grazas a Dani e os seus compañeiros/as por vir a contarnos un conto dos Bolechas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet