PROXECTO O NOSO CORPO DENDE A CABEZA AOS PÉS. INVESTIGANDO... A NOSA SAÚDE

Ao longo do trimestre fixemos unha chea de actividades relacionadas co benestar do noso corpo:

 

 - Comezamos aprendendo, como é o noso corpo por fora: diferencia entre nenos e nenas (vulva, pene), partes do corpo ( cabeza, tronco e extremidades). Observamos e rexistramos a través de gráficas a altura, peso, cor de ollos, cor de pelo e número de calzado. Isto permetiunos traballar de forma divertida os números e a interpretación de gráficas (barras verticais, horizontais, porcións…) . CLICA NAS IMAXES

 

 

    

 

- Temos que coidar a nosa saúde. Incidimos na importancia dunha alimentación sana e equilibrada .. Clasificamos alimentos sans e perxudiciais para a nosa saúde, repasamos as merendas … CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS

   

  - Coñecemos un número de emerxencia para poder chamar en caso de que nos atopemos mal ou estemos en perigo.

  - Recibimos a visita dos pais de Lucía que nos contaron un conto en inglés relacionado co proxecto, como o corpo nos avisa da fame, do frío, sentidos….

 -Tamén nos visitou a mamá de Andrés que é médico. Explicounos un pouco en que consistía o seu labor, a importancia de cuidar a nosa saúde e ensinounos un montón de material médico, fonendoscopio, martillo, desinfectante…Unha experiencia súper interesante!

Grazas a ambas familias por vir!!

PASAMOLO MOI BEN!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet