lazo vermello

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos dous contacontos, primeiro veu Erik o pai de Iker e despois veu Rebeca a nai de Nico. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué sabe a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño; O ourizo e a lebre; Os tres osos; Orellas de bolboreta.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos o contacontos dos pais de Rafa, Luisa e Rafa (laciño azul). Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué saba a lúa; Por catro esquiniñas de nada; Garavanciño.

 

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe tivemos dous contacontos, Vanesa, a madriña de Laura M. e os pais de Lucía, Marcela e Antonio. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Os contos que xa contaron as familias foron: Chivos, chivóns; Sopa verde; Paco trolas; A qué saba a lúa.

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS

 Este mes co motivo das Letras Galegas imos a ter contacontos en galego. O venres veu a contarnos o conto Olalla, a mamá de Andrés. Moitas grazas, encantáronnos !!!!

NOVO PROXECTO

Comezamos este trimestre cunha nova misión, coidar os vermes de seda que nos trouxo Maki, estamos observando todos os cambios que se producen... tamén estamos observando outros "bichiños da terra" como os caracois... O conto que imos traballar neste 3º trimestre é "La oruga glotona". CLICA NAS IMAXES para ver a nova decoración de primavera.

  

  

  

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O paxaro Ole mandounos unha invitación para que foramos á biblioteca. Coa axuda das bibliotecarias contounos tres contos,  un conto infinito ( que nunca acababa) un de rimas "Mister Magnolia " e outro "Os tres osos e Riciños de Ouro"....canto nos gustaron!

Despois eleximos uns cantos libros que nos gustaron para levar para a clase.

PROXECTO "ASÍ SON EU": O MEU NOME...

Estamos a piques de rematar o proxecto "así son eu", e estivemos realizando un montón de actividades coas letras do noso nome: traballamos a inicial de cada alumno/a, asociamos a inicial coa nosa tarxeta e con outras que comenzan pola mesma letra, contamos as letras que ten e asociamolo ca cor das regletas. No contador de letras do nome observamos cal é nome máis longo e o máis curto.

 Decoramos a portada imitando a Pollock, con canicas que pintan soas.

 

 

Temos nova rutina para aprender as letras dos nomes dos amigos/as da clase. "O nome misterioso é..."

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL

Celebramos os aniversarios de abril de  SARA, VANNIA, LAURA R. e VALENTINA.

PARABÉNS A ESTOS MAIORES DE 4 ANOS!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 3 para a de 4 e levaron de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

Moitas grazas profe Nerea por celebrar estos cumples.

ABRIL, MES DO LIBRO

Abril é o mes do libro. O día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil  celébrase cada ano desde 1967,  nesta data naceu o escritor danés Hans Christian Andersen, recoñecido fundamentalmente polos seus contos para a infancia.

A finais de abril continuamos con outra  celebración, o Día Internacional do Libro,  remóntase ao 23 de abril de 1616, día no que faleceron destacados autores literarios coma Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Nos, dende o cole, levamos a cabo varias actividades para promover o fomento da lectura, xa que é moi importante ter un tempo para poder disfrutar dela. Apórtanos moitos beneficios: millora a linguaxe e a comprensión, desenvolve a capacidade de concentracción e memoria, estimula a imaxinación,  aumenta o vocabulario e a capacidade de escoita...

Déixovos un pequeno resumo en fotos do ilusionados que están ensinando os debuxos das mochilas viaxeiras... 

...na clase, despois das merendas, miramos contos...

 

Tamén viñeron a contarnos contos alumnos de 3º e 4º de primaria, gustáronnos moito os contos. Moitas grazas.

  

Para o mes de maio, con motivo das letras galegas, seguiremos contando contos, mais esta vez viredes vos, moitas grazas pola vosa colaboración. 

BENVIDA PRIMAVERA

Comezamos a primavera e con ela un montón de actividades novas para o terceiro trimestre. Leemos e vemos contos, desfrutamos dos paseos observando a primavera…

   

 

… en lóxica matemática comezamos a traballar coas regretas, continuamos facendo series, conteo…

  

 

…seguimos co proxecto “así son eu” estamos traballando o nome e as súas letras…

    

   

… Maki tróuxonos a ensinar os vermes de seda que imos coidar o longo deste trimestre.

                        

A profe Paz axudounos a facer a manualidade de pascua.

  

 

FELICES VACACIÓNS!

Powered by Drupal - Design by artinet