ABRIL, MES DO LIBRO

Abril é o mes do libro. O día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil  celébrase cada ano desde 1967,  nesta data naceu o escritor danés Hans Christian Andersen, recoñecido fundamentalmente polos seus contos para a infancia.

A finais de abril continuamos con outra  celebración, o Día Internacional do Libro,  remóntase ao 23 de abril de 1616, día no que faleceron destacados autores literarios coma Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Nos, dende o cole, levamos a cabo varias actividades para promover o fomento da lectura, xa que é moi importante ter un tempo para poder disfrutar dela. Apórtanos moitos beneficios: millora a linguaxe e a comprensión, desenvolve a capacidade de concentracción e memoria, estimula a imaxinación,  aumenta o vocabulario e a capacidade de escoita...

Déixovos un pequeno resumo en fotos do ilusionados que están ensinando os debuxos das mochilas viaxeiras... 

...na clase, despois das merendas, miramos contos...

 

Tamén viñeron a contarnos contos alumnos de 3º e 4º de primaria, gustáronnos moito os contos. Moitas grazas.

  

Para o mes de maio, con motivo das letras galegas, seguiremos contando contos, mais esta vez viredes vos, moitas grazas pola vosa colaboración. 

Powered by Drupal - Design by artinet