lazo vermello

O NOSO SAMAÍN

Esta semana adicámola a realizar distintas actividades do samaín:

-contacontos das familias: viñeron a contar contos a nosa clase :Puri a nai de Manu, David o pai de Sara, Olalla e Felipe os pais

de Andrés, Ely a nai de Leo. Moitas grazas pola vosa colaboración, encantounos a vosa visita.

   

 

recuncho dos disfraces, disfrazámonos como quixemos: bruxas, bruxos, vampiros, cabazas…

                               

 

manualidades, fixemos unhas cabazas con cariñas: de susto, contentas, tristes…

          

 

Déixovos un resumo de todas as actividades  tamén quería agradecervos a vosa participación en todas as actividades do

samaín...

 

 Para a vindeira semana faremos alguna actividade máis  do samaín que estaba prevista nesta semana e que non puido ser porque

estiveron moitos neno/as enfermos.

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Celebramos os aniversarios de outubro de ERIC E NICO .

PARABÉNS!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 2 para a de 3 e levaron de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES : 24 de outubro

Co motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares ( 24 de outubro) participamos no concurso a nivel de centro, de caixas literarias. Un concurso que  consiste en  elaborar unha caixiña por curso, con pistas sobre un conto en galego. O noso conto foi " Cocorico" e elaboramos esta preciosa caixiña entre todos.

 

Agora queda o mais difícil,  adiviñar as caixas dos outros laciños e que podedes ver neste genially  que fixo a profe Bea.

PREPARANDO O SAMAÍN : manualidades

Aproveitando que se achega unha das festas máis divertidas do cole para os nenos , imos traballar a emoción do medo, a través de contos, cancións, manualidades, disfraces.

Os nenos pequenos non son capaces de distinguir do todo entre realidade e fantasía. A medida que medran  van aprendendo a distinguir o que é real do que non, e que os personaxes que lles dan medo son de ficción, os medos van desaparecendo.

 Ante os medos, os nenos buscan apoio nas persoas que lles dan seguridade, vós os pais, nós os mestres. Por iso non temos que minimizar os seus medos, nin moito menos dicirlles cousas que lles menosprecen como que son "medorentos" ou "parecen nenos pequenos". Hai que ser comprensivos e brindarlles apoio para que eses temores evolucionen adecuadamente e poidan superalos.

 Estas semanas estivemos a coñecer algúns personaxes do samaín: pantasmas, bruxas, esqueletos… non nos dan medo porque nós temos varios trucos para que non nos dean medo, miralos e ver o graciosos que son (ridiculización do monstro) e se ese truco falla, sabemos que só están nos contos e os que vemos por aí son papás, mamás, profes disfrazados.

Estivemos a decorar a porta de clase cunhas cabazas moi graciosas e máxicas. Tamén colaboramos no mural do corredor,que participaba todo o cole, os nosos personaxes eran as pantasmas, enchemos todo o mural deles.

Mirade que "terroríficamente divertido" está todo o cole.

PROXECTO ASÍ SON EU: MURAIS II

Seguimos recibindo máis murais, que ilusionados están contando todas as cousas ... moitas gracias pola vosa colaboración.

      

ANIVERSARIO DE SETEMBRO

Celebramos o aniversario de setembro de LUISA.

PARABÉNS!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 2 para a de 3 e  LUISA levou de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos., co motivo de que estamos co proxecto da maxia a nivel de centro.

Moitas grazas a Nerea (alumna en prácticas) por estas espectaculares tartas. Que ilusionados están con elas!! Eres unha artista!

   

 

PROXECTO ASÍ SON EU: MURAIS

Pouco a pouco imos recibindo os murais de cada laciño vermello. Uns murais que nos permiten coñecernos un pouquiño mellor.

Moitas grazas por estes marabillosos traballos!!

   

   

BENVIDO OUTONO

No outono, a natureza ofrécenos un lenzo cheo de cores máxicas que se teñen que ver en vivo e en directo. Unhas cores máxicas que veremos como cambian semana a semana.

Co fin de espertar o interés por esta época do ano e que se familiaricen con ela, realizamos un paseo polo  campo do colexio.

Na clase,  observamos, manipulamos e aprendemos algún vocabulario do outono( castañas, ourizos, noces, piñas, millo, uvas…)

Cantamos canciós  do outono,contamos contos e  fixemos unha manualidade dun ourizo coas folliñas  que recollemos.

Agora estamos a preparar unha mesa sensorial de outono e un mural que pronto vos ensinaremos. 

  

  

  

ESTAS SEMANAS...

 ...seguimos aprendendo rutinas e normas. Todos os días sentámonos na asamblea para facer as rutinas, "o

encargado" pasa lista saudando a todos os compañeiros e fai outras tarefas ( pon os carteis do día da semana, do

tempo... e vai primeiro na fila).

  

 

A clase está dividida en tres equipos, vermello, amarelo e azul. Ás veces facemos as actividades de forma

individual, outras veces por equipos e outras todo o grupo.

   

  

 

   

Tamén coñecemos a todos os profes especialistas, a partir do 1 de outubro xa empezamos con todas as

especialidades: psicomotricidade-Iria, informática-Iria, música-Begoña, inglés- Sheila, relixión -Paz/atención

educativa-Susi.

   

 

Mirade canto traballamos e que ben o pasamos!!!

 

PROXECTO: ASÍ SON EU

Arrancamos co proxecto “Así son eu”. Un proxecto que nos axudará a coñecernos e a reforzar a autoestima do noso alumnado.

Realizamos unha actividade que consistiu en deixar a pegada das nosas mans e identificar e  ordear as letras do noso nome.

De momento, todo con moita axuda!! 

Powered by Drupal - Design by artinet