PREPARANDO O SAMAÍN : manualidades

Aproveitando que se achega unha das festas máis divertidas do cole para os nenos , imos traballar a emoción do medo, a través de contos, cancións, manualidades, disfraces.

Os nenos pequenos non son capaces de distinguir do todo entre realidade e fantasía. A medida que medran  van aprendendo a distinguir o que é real do que non, e que os personaxes que lles dan medo son de ficción, os medos van desaparecendo.

 Ante os medos, os nenos buscan apoio nas persoas que lles dan seguridade, vós os pais, nós os mestres. Por iso non temos que minimizar os seus medos, nin moito menos dicirlles cousas que lles menosprecen como que son "medorentos" ou "parecen nenos pequenos". Hai que ser comprensivos e brindarlles apoio para que eses temores evolucionen adecuadamente e poidan superalos.

 Estas semanas estivemos a coñecer algúns personaxes do samaín: pantasmas, bruxas, esqueletos… non nos dan medo porque nós temos varios trucos para que non nos dean medo, miralos e ver o graciosos que son (ridiculización do monstro) e se ese truco falla, sabemos que só están nos contos e os que vemos por aí son papás, mamás, profes disfrazados.

Estivemos a decorar a porta de clase cunhas cabazas moi graciosas e máxicas. Tamén colaboramos no mural do corredor,que participaba todo o cole, os nosos personaxes eran as pantasmas, enchemos todo o mural deles.

Mirade que "terroríficamente divertido" está todo o cole.

Powered by Drupal - Design by artinet