BENVIDO OUTONO
No outono, a natureza ofrécenos un lenzo cheo de cores máxicas que se teñen que ver en vivo e en directo. Unhas cores máxicas que veremos como cambian semana a semana.
Co fin de espertar o interés por esta época do ano e que se familiaricen con ela, realizamos un paseo polo campo do colexio.
Na clase, observamos, manipulamos e aprendemos algún vocabulario do outono( castañas, ourizos, noces, piñas, millo, uvas…)
Cantamos canciós do outono,contamos contos e fixemos unha manualidade dun ourizo coas folliñas que recollemos.
Agora estamos a preparar unha mesa sensorial de outono e un mural que pronto vos ensinaremos.