lazo vermello

CONTO: "SIETE RATONES CIEGOS"

Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro”  e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo  e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Coa profe Sonia cantamos a canción dos días da semana na linguaxe de signos. Gustounos moito!

 

 



AXUDAMOS NO HORTO

Hoxe fomos o horto escolar con  Yago García-Garaball, que é asesor e creador de hortos ecolóxicos. Contóunos que antes de plantar temos que preparar a terra e usar unhas ferramentas axeitadas. Despois de escoitar todos os consellos prácticos que nos deu, axudámoslle a preparar a terra e cubrímola con serraduras de madeira para que conserve a húmidade para cando toque plantar.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo

Partimos do conto KEREMOSQUE para lembrar que noutros tempos, como dicimos na clase “no tempo dous nosos tataratatarataavós” os nenos e nenas levaban unha vida diferente polo xeito de ser homes ou mulleres e iso parecenos INXUSTO

     

 

Celebramos este día para lembrar que os homes e mulleres somos persoas iguais que temos os mesmos dereitos e debemos loitar por eles xuntos.

   

 Traballamos varios contos na aula e decidimos facerlle unha pequena homenaxe as nosas avoas cos nosos debuxos.

 

Con motivo do día muller participamos nunha actividade proposta polo centro que consistiu en  elexir unha muller relevante na historia . A muller que eliximos nós é Josefina Castellví, é unha oceanógrafa, bióloga e escritora española. Pepita, como sempre lle gustou que a chamasen, foi a primeira española en participar nunha expedición á Antártida e a primeira en dirixir unha base científica. Hoxe, grazas ao traballo de xestión que iniciou Pepita, España conta con dúas modernas bases na Antártida. CLICA NAS IMAXES PARA VER MÁIS MULLERES

 

VISITAMOS O SUPERMERCADO GADIS

Coñecimos a apasionante viaxe dos alimentos ( a lonxa, a gandería, a agricultura... os almacéns... ) hasta chegar o supermercado, a través do programa "Alimentes". É un proxecto educativo para a sustentabilidade. Axudounos a darlle  importancia a vida saudable, o consumo responsable  e á loita contra o desperdicio alimentario. Moitas grazas a Laura por explicarnos tantas cousas interesantes e tamén a todo o personal por facilitarnos  a visita.

 

REMATAMOS O MES DE FEBREIRO...COMEZAMOS O MES DE MARZO

Rematamos o mes de febreiro cun montón de actividades do proxecto "Viaxando aos Polos", estamos APRENDENDO moito sobre o Polo Norte, os Inuit, os osos polares, os copos da neve... pero sobre todo estamos XOGANDO MOITO; o xogo o é TODO,  prodúcese a curiosidade e a experimentación, provocando unha atención sostida que provocará  a aprendizaxe espontánea.CLICA NAS IMAXES

 

 Como podedes comprobar o noso recuncho preferido é o IGLÚ.

   

  

   

   

- En lectoescritura comezamos a traballar a letra minúscula...

  

- Seguimos traballando a lóxica- matemática co método de ABN...

   

Hoxe viñeron a contarnos uns contos Dani e Thiago, encantóunos. CLICA NAS IMAXES

  

23 DE FEBREIRO : DíA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano unímonos a iniciativa da asociación de escritores en lingua galega (AELG) para conmemorar este día. Algunhas das actividades que fixemos son:

- Límos un poema e debuxamolo, despois fixemos un collage con todos os nosos debuxos.

Coa profe Sonia cantamos a canción de Migallas baseada no poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro.

CLICA NAS IMAXES

                                                            

 

EXPERIMENTOS

Por que os animaliños do Polo norte son brancos? 

Fixemos un experimento con papel de cores e comprobamos que os papeis de  distinta  cor vense máis, por eso os animaliños brancos  escondense mellor na neve.

Por que  no ceo dos Polos aparecen cores e formanse as Auroras ?

Descubrimos que as auroras prodúcense tanto no polo norte como no sur , pero se chaman de forma diferente, as do norte son boreais e as do sur austrais. Prodúcense cando os raios do sol, vento solar, chega á Terra choca contra o campo magnético do planeta, producindo correntes de partículas cargadas que flúen cara os polos. É dicir chocan cos gases dependendo do gas fórmase unha cor diferente.

 

 

 

FESTA DE ENTROIDO

FELIZ ENTROIDO !!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!

 

PROXECTO VIAXAMOS AOS POLOS

Ao longo destas semanas estivemos recibindo aportacións para o noso proxecto: libros, murais, traballiños e manualidades... polo que xa  temos unha boa biblioteca de libros de consulta e  historias,  así como  un recanto repleto de recursos. Moitas grazas familias!(podedes seguir mandando cousas ata finalizar o trimestre).

Agora estamos profundizando na vida dos inuit, como viven?como se alimentan? como cazan ou en que se desplazan?...Tamén comezamos coa ambientación das aulas para o entroido...non paramos!

Por último dámoslle  as grazas á mamá de Olivia dos laciños azuis que nos veu contar o conto chamado CON TANGO SON TRES. Precioso, grazas Ana!

 

Powered by Drupal - Design by artinet