CONTO: "SIETE RATONES CIEGOS"

Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro”  e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo  e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Coa profe Sonia cantamos a canción dos días da semana na linguaxe de signos. Gustounos moito!

 

 



Powered by Drupal - Design by artinet