PREPARANDO O SAMAIN...
Samaín é unha celebración moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.
É unha festa que nos gusta moito, polo que estamos adicándolle estes días a maior parte do noso tempo:
- Traballamos na aula o conto de Corre, corre cabaciña acompañándoo de moitas actividades, LIM.
- Facemos xogos, mandalas de outono.
- Ambientamos os corredores partindo do conto “EL CIRCULO DE MIRÓ QUIERE SER ESQUELETO”. Con este conto coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e sobre todo as emocións.
. Escoitamos contacontos de medo a cargo das familias.
- Participamos no mural do cole ( co título SAMAÍN POLO MUNDO), cun barrilete que fixemos xunto cos laciños azuis. Mentres en Galicia decoramos cabazas, noutros países seguen outras tradicións, como en Guatemala, que fan voar uns enormes e coloridos barriletes.
Nós quixemos que fose un barrilete moi terrorífico e cos elementos característicos do noso Samaín e….que bonito nos quedou!
Non vos esquezades que para a semana é …..A GRAN FESTA DAS CABAZAS!!!