Skip to Content

PITEAS

Definición do Proxecto

Piteas é un programa promovido pola Fundación Barrié en colaboración co Departamento de Innovación educativa da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  Xunta de Galicia e coa Unidade de Altas Capacidades, participación da universidade de Santiago de Compostela.

O noso centro, xunto con oito centros máis de Galicia, forma parte deste programa piloto que terá unha duración de catro anos

Piteas, é un programa de formación e mentoring” para o desenrolo do talento que inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e o desenrolo do talento nas aulas, así como accións directas de fomento da creatividade e as ciencias, co alumnado.

 Obxectivos do programa:

  • Deseñar, desenrolar, implementar e validar un modelo valido de detección e desenrolo do talento na aula.
  • Adaptar modelos científicos e pedagóxicos de referencia internacional á realidade educativa galega (Modelo SEM).
  • Dotar de recursos ao profesorado para atender ao talento e á diversidade na aula.
  • Posibilitar o desenrolo do potencial de cada alumno.
  • Cambiar de modelo de centro, formulación docente e procesos de ensino/aprendizaxe.
  • Mellorar a autopercepción e motivación do profesorado e  alumnado.
  • Mellorar o clima de centro e interacción profesorado-alumnado.
  • Mellorar a adquisición de competencias polo alumnado.
  • Mellorar os resultados académicos.

 

 

CEIP BEN-CHO-SHEY PARTICIPA NA III FEIRA PITEAS

Ciencia que non maxia

David Ballesteros visitounos o día 28 para facer co alumnado de Primaria unha demostración de Ciencia divertida.

Preme na foto para ver as fotos da xornada:

Álbum: Curso 2017-2018 -> Actividade de Ciencia

Oratoria no centro

O día 26 de febrero visitounos un experto de Escola de Oratoria e  Debate TALKK. Durante a mañá realizou actividades con alumnado de distintas idades e aulas para que mellorasen a súa capacidade de expresión en público.

Aquí tedes algunhas fotos da formación:

Álbum: Curso 2017-2018 -> Actividade de Oratoria
Distribuir contido


by Dr. Radut