Skip to Content

CAMBIO DE ETAPA. DE 6º DE EP A 1º DA ESO

 Estimadas familias:

Todo cambio supón un reto que debemos afrontar coa maior preparación e información posible se queremos vislumbrar expectativas de éxito. A túa filla ou o teu fillo van  empezar unha nova etapa da súa vida: entra, se non o fixo xa, na puberdade. A nivel escolar prodúcese un cambio moi importante, termina a primaria e  adéntrase na secundaria obrigatoria.

Para informarvos brevemente dalgúns aspectos que entendo son importantes ter en conta, elaborei unha presentación para o alumnado e un díptico informativo para vós, que encontraredes a continuación. Confío que sexa útil e se necesitas máis información non dubides en consultarme.

Para facilitar aclaracións e posibles dúbidas que se poidan dar co alumnado teremos unha videoconferencia informativa á que podedes asistir. Estas videoconferencias coincidirán coas xa establecidas, ocuparemos un ratiño, e serán:

O mércores día 3 de xuño para 6ºB ás 11:00 

O xoves día 4 de xuño ás 10:15 para  6ºA

 

AdxuntoTamaño
DE 6º a ESO.pdf412.55 KB
Cambio de Etapa a 1º ESO.pdf888.71 KB


page | by Dr. Radut