Skip to Content

Taboleiro

Convocatoria dos concursos de adiviñas 2014

Xa está no blog do departamento matemáticasxm a convocatoria deste ano dos concuros de adiviñas. Ánimo e moita sorte.

Finalista da Olimpíada Matemática 2014

Parabéns a Samuel Fenández Chorén que ven de quedar finalista na XVI Olimpiada de Matemáticas.

Para saber máis pincha en matemáticasxm

Premio aos mellores da súa simulación e quintos na final nacional de Young Business Talents

Tras quedar entre os 16 mellores equipos da comunidade galega e por tanto clasificarse para a final, o sábado 5 de abril en Madrid, o equipo JIMMYTHEBODYMILKER logrou quedar entre os 20 mellores equipos (dos 100 da final) e non so iso se non que se impuxeron como os quintos finalistas por beneficio acumulado no concurso-simulador Young Business Talents.

A experiencia foi enriquecedora, non so na final se non desde novembro que empezou o concurso. Puxeron en práctica os conceptos das clases de economía e aprenderon a tomar en equipo decisións e a establecer estratexias segundo os cambios no mercado. Ademais de conseguir dous premios e un diploma.

Axudas linguas estranxeiras

Desde hoxe día 28 de marzo e ata o próximo 28 de abril, estará aberto o prazo para solicitardes axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Podedes consultar a información e cubrir o formulario de solicitude na páxina https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Vamos de concurso matemático, outra vez

Este ano no Rally paricipan os alumn@s de 4º de ESO: Nerea, Lucía, Adrián, Álvaro Celeiro, Álvaro Pereira, Alberto Montecelo, Manuel e Miguel. A Olimpíada van os alumn@s de 2º de ESO: Daniel, Samuel, Andrea e Marina.

Moita sorte.

 

Clasificados para a final de Young Business Talents!

O equipo JIMMYTHEBODYMILKER, de 2º de bacharelato B e composto por Laura Castro Maira, Jaime Domínguez Martínez, Sara Lópes Temes e Manuel Sánchez Arroyo, foi un dos 16 que se clasificaron en Galicia (e un dos 100 mellores de España) no concurso YOUNG BUSINESS TALENTS, e chegan á final. Esta celebrarase o 5 de abril en Madrid.

Come to the international Food Fair

We have organised an International Food Fair. Students have cooked and shared at school food from all over the world. It has been a very invigorating and tasty experience! They want to repeat it next year!

Concursos "ADIVIÑAS"

Lembrade que o prazo de entrega para os concursos "Adiviña, adiviña..." e "Adiviña quen son"" remata o venres 7 de xuño. Non esquezades indicar no sobre, cando o entreguedes en secretaría, indicar para cal dos dous concursos é.

Como ben sabedes toda a información está no blog do departamemto: MatemáticasXM.

Final do Programa Valores de futuro

30/05/2013 09:00
31/05/2013 23:00
Etc/GMT+1

 

 

A actividade que fora preseleccionada na comunidade galega conseguíu chegar á final do Programa Valores de Futuro e representará a Galicia no evento que se levará a cabo en Madrid o 30 e 31 de maio.

PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013

PARABÉNS a DONA MARÍA DE LA LUZ PARAMIO,profesora de Lingua Castelá e Literatura e aos alumnos colaboradores no BLOG TICNADOS,gañador dos premios EDUBLOG 2013.

Distribuir contido


by Dr. Radut