Skip to Content

Taboleiro

Nutrida e honrosa representación nas Olimpíadas de Economía

equipo do Ies Xoán Montes nas olimpíadas economía 2015

  Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Convocadas as axudas de linguas estranxeiras

O DOG do 16 de marzo publica a convotatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Poden ser solicitadas desde hoxe e ata o 16 de abril (incluído) na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Fonética para principiantes

PHONETIQUE FRANCAISE A L'INTENTION DES ETUDIANTS HISPANOPHONES

La langue française se différencie de l'espagnol par le grand nombre de graphèmes (plus de 130), à mettre en relation avec 37 phonèmes.

Les différences les plus remarquables entre les deux langues sont signalées ici: http://ersal.free.fr/america/pages/phonetique.htm

 

 

Visita didáctica a Inditex

Como vén sendo tradicional, o alumnado de 2º de bacharelato da materia Economía da Empresa e, este ano, parte do de Tecnoloxía Industrial II, visitou a sede de Inditex en Arteixo.

Percorremos as instalacións durante dúas horas, mentres unha das responsables do departamento de Comunicación e Relacións Institucionais nos explicaba todas as fases do proceso que alí se desenvolve, e amablemente resolvía as dúbidas.

A experiencia... enriquecedora!

Alumnado de 2º de bacharelato do IES Xoán Montes de Lugo en Inditex. Curso 2014-2015

Bolsas de estudos

Fundacion AODe novo este ano, a Fundación Amancio Ortega convoca bolsas de estudos para que 200 alumnos que este ano cursan 4º de ESO poidan cursar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Podedes solicitar a participación neste programa desde o 7 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2015. Na web da fundación podedes consultar as condicións de participación e facer a vosa solicitude.

Ciclo de cine en inglés

Cinema SeasonO Departamento de Inglés e a Biblioteca do IES Xoán Montes organizan un ciclo de cine en inglés que comezará o próximo martes 9 de decembro ás catro e media da tarde. O ciclo consta de seis filmes de temática diversa orixinalmente gravados en inglés.

Os obxectivos principais da actividade son

  • recoñecer e apreciar a linguaxe cinematográfica
  • fomentar o gusto polo cine
  • mellorar a comprensión oral

Aínda que o destinatario principal da actividade é o alumnado do centro, toda a comunidade educativa está convidada a este ciclo. No cartaz anunciador, ao que se accede premendo na imaxe, especifícase a clasificación por idade recomendada para cada un dos filmes.

St. Paul's Literary Prize

We know many of you enjoy writing. We think it would be a good idea for you to participate in St. Paul's School International Literary Prize. It will only take you a few minutes to write a good story and it could drive to to fame Guiño.

Read the Conditions of Entry for 2015 edition.

You can also write in Spanish or Catalan if you prefer Sorriso.

Good Luck!

Iuvenes Translatores

Aínda estamos a tempo de inscribirnos neste concurso da Unión Europea para mozas e mozos nacidos no 1997. Se naciches nese ano e queres participar no concurso, ponte en contacto coa túa profesora de lingua estraxeira para que presente o centro ao concurso! Bótalle unha ollada ás bases.

bases iuvenes translatores

Distribuir contido


by Dr. Radut