Saltar navegación.
Inicio

Entrega de premios dos concursos de cultura clásica e de tradución 2024

O xoves 13 de xuño celebrouse na Facultade de Filoloxía da USC o acto de entrega dos premios do Concurso Odisea de Cultura Clásica e da Olimpíada de Tradución de Latín e Grego. Alí acudiron dous alumnos nosos, María Abadía e Martín Rey, a recoller os dous premios que gañaron ao longo deste curso: o terceiro premio do Concurso Odisea (que acadaron formando equipo xunto con Paula López), e o terceiro premio de tradución que obtivo Martín na modalidade de Latín.

Parabéns!

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2024-25 CLICA

PODES TAMÉN DESCARGALOS NESTE QR

Programa educativo: "Que non te líen .Ti elixes". Para o alumnado de 3º de ESO.

 Este venres, 7 de xuño, José Angel, do cluster do granito, presentoulles ao alumnado de 3º de ESO, o programa "Que non te líen. Ti elixes". O obxectivo do mesmo é favorecer unha orientación laboral libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina. 

Falouse neste caso, de mulleres que traballan no ámbito do metal e da construcción.

No club de lectura recibimos a visita de Angela G. Comesaña.

Este xoves, 6 de maio, recibimos a visita de Angela Comesaña, ex-alumna do noso centro educativo. Falou cos compoñentes do Club de Lectura de como naceu o seu interese para escribir, o papel que xogou a súa nai na creación dese hábito, das súas lecturas favoritas, da súa constancia á hora de escribir, dos certames aos que se presentou, do profesorado que a animaron a continuar escribindo, do seu mellor amigo que sempre lle corrixe os seus escritos e de moitas cousas máis. Dende o primeiro momento foi capaz de captar a atención do público presente. Grazas Angela por ser tan xenerosa e compartir con nós as túas esperiencias.

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES VAL MIÑOR AO ALUMNADO DO CEIP da Cruz- Camos e de CEIP Humberto Juanes.

Este venres, 24 de maio, recibimos ao noso futuro alumnado de 1º da  ESO. Coñeceron a que vai ser a súa casa a partir de setembro. Esperámolos ao finalizar as vacacións de verán. Animamolos a vir con enerxías renovadas e confiados en que aquí van pasar uns anos marabillosos.

Distribuir contido