Saltar navegación.
Inicio

Tecnoloxía

TRABALLOS NA AULA DE TECNOLOXÍA

No seguinte enlace CLICA poderedes atopar os vídeos que reflicten as seguintes experiencias de aula:

"Traballo colaborativo de titoría. Gonzalo e os seus compañeiros de 2º ESO C contribuindo a decorar a súa aula."

"Proxectos de deseño e fabricación. Futuros e futuras arquitectos/as e deseñadores/as".

" Organización de proxectos. 4ºESO. Estruturas tensegríticas."

O ALUMNADO DE 1º ESO ASISTIU AO EVENTO "GALICIENCIA"

CLICA para ver algúns dos proxectos seleccionados na fase final e fotos do evento.

O alumnado de 1º ESO participou nos retos científicos "Atrévete coa aeronáutica!" desenvoltos no parque teccnolóxico Tecnópole de Ourense.

Pablo Cedeira, Brais Carneiro, Mateo Rey e Arantxa Vega, voltaron da  experiencia Tecnópole Galiciencia, co primeiro premio, da súa categoría. Moitas grazas a todos/as os participantes e parabéns aos premiados. Un premio ao traballo nas aulas.

PROXECTOS NA ÁREA DE TECNOLOXÍA

Outros dos proxectos levados a cabo foron:

A HUGO QUIRÓS DE 1º ESO ENGADÍRONSE OUTROS SPEEDCUBERS.

Speedcubers no IES Val Miñor.  A continuación, atoparedes tamén un enlace para escoitar a entrevista realizada na radio escolar CLICA

PROXECTOS NA AULA DE TECNOLOXÍA

Se CLICAS poderás observar o proceso de elaboración dos proxectos realizados polo alumnado de 1º ESO "Deseño de estruturas e estabilidade" , 2º ESO que realizou unha man robótica e 4ºESO que creou un timbre caseiro.

AI THAN HUMAN

Alumnado do departamento de  Tecnoloxía  experimentaron coa Intelixencia Artificial na exposición AI THAN HUMAN na Coruña.

Unha exposición sen precedentes a nivel internacional para coñecer os avances creativos e científicos da Intelixencia Artificial. Esta actividade forma parte do contrato programa inclúe na liña de traballo IGUÁLA-T

Clica na seguinte ligazón para ver as imaxes:  Imaxes

Clica na seguinte ligazón para ver máis imaxes:  Imaxes

Instalación eléctrica na vivenda.

Os alumnos de 4º da ESO de tecnoloxía xa saben facer instalacións eléctricas nunha vivenda como un punto de luz simple, conmutado, cruzamento, timbre....

Distribuir contido