Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

Rapazada CONTACONTOS no Ceip Humberto Juanes

Contacontos Samaín 

O luns 28 de novembro asistimos, por terceiro curso consecutivo, ao Ceip Humberto Juanes para botarlle unha contada ao alumnado de educación Infantil e 1º e 2º de primaria.

Concursos de Samaín

Consulta as bases aquí abaixo.

Samaín 2024 de Laura Álvarez

Visita do alumnado de 4º ESO de Baralla

O pasado 7 de outubro exercemos de anfitrións do CPI Luis Díaz de Baralla (Lugo), que nos devolveron a visita que lle fixeramos o curso anterior. Esta xornada de convivencia, argallada polo departamento de galego e o EDLG, tivo como obxectivo poñer a lingua en marcha entre a rapazada, xa que a mocidade do Val Miñor tivo a ocasión de escoitar a nosa fala cos seus iguais. 

Despois de saírmos do IES camiñamos a senda do río ata o Muíño recentemente rehabilitado do porto do Molle. Finalamente, tras resgardarnos da chuvia que nos sorptrendeu na camiñada, realizamos o percorrido da Praia dos afogados de Domingo Villar. En equipos con alumnado dun e doutro centro, procuramos os escenarios escolmados nos fragmentos dunha das novelas contemporáneas máis populares

Proxecto sobre o mosaico romano de Panxón

Este curso, na materia de Proxecto Competencial de 1º de ESO, levamos a cabo un proxecto sobre o mosaico romano de Panxón. En primeiro lugar, o alumnado investigou sobre os mosaicos en xeral, para despois centrarse no de Panxón, que ademais debuxaron por grupos en cartolinas. No segundo trimestre, recibimos a visita do profesor de historia e arqueólogo Gustavo Pascual, membro da Asociación para a Repatriación do Mosaico de Panxón, que nos deu unha charla moi interesante sobre como se elabora un mosaico, sobre o valor do exemplar achado en Panxón e sobre as peripecias polas que leva pasado dende que foi atopado ata a actualidade. E finalmente, no terceiro trimestre, e como colofón a todo o traballo previo, elaboramos unha reprodución do mosaico a tamaño case real con teselas de verdade.

Distribuir contido