Seccións bilíngües, Comenius, Intercambio, Contrato Programa
CONTRATO PROGRAMA E PROGRAMA ARCO 2020-21
O centro foi seleccionado para participar na convocatoria dos CONTRATOS-PROGRAMA do curso 2020/21.t
O centro tamén foi aceptado na convocatoria do PROGRAMA ARCO, na líña 1, que supón a incorporación a media xornada dunha profesora de pedagoxía terapéutica ao centro para traballar co alumnado de 1º da ESO .
SENSIBILIDADE E CREATIVIDADE DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP
No mes de setembro, antes do inicio das clases, retomouse o obradoiro de RAP que a pandemia truncara en marzo. Recomendamos escoitedes ao alumnado que asistiu a este obradoiro. Parabéns para o alumnado participante . E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces.
PARABÉNS PARA O ALUMNADO PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DE RAP.
Parabéns ao alumnado que participou no obradoiro de RAP. E moitas grazas a Dudi Villanueva polo seu fantástico labor con estes rapaces.
MEMORIA DE ACTIVIDADES CONTRATO -PROGRAMA 2019-20
Enviado por secretaria o Xov, 25/06/2020 - 20:17INTERVENCIÓNS REALIZADAS NO CENTRO COA FINANCIACIÓN DO CONTRATO PROGRAMA
Durante o período desta pandemia, estanse a realizar intervencións previstas a conta dos orzamentos recibidos do contrato programa. Esperemos que cando se retome a nova normalidade o centro continúe ofrecendo novas posibilidades de interacción social e mellorando a súa contorna.
Vaise a poñer un novo valado nas pistas, que estaba moi deteriorado. Fíxose unha nova zona de actividade física, o parque de calistenia. E realizouse resembrado de zonas que estaban bastante deterioradas para mellorar a paisaxe.
O CONTRATO PROGRAMA 2019-20 ESTÁ COFINANCIADO CO FONDO SOCIAL EUROPEO
Na resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20. O IES Val Miñor foi seleccionado.
A BIBLIOTECA AMPLÍA A SÚA OFERTA COAS PARTIDAS DE XADREZ.
A biblioteca, como centro creativo das aprendizaxes, amplía a súa oferta coa actividade do xadrez.
COMEZAMOS O OBRADOIRO DE RAP.
Este luns, 2 de marzo, comezamos o obradoiro de RAP. Temos como obxectivos finais: ser capaces de gravar e producir unha canción propia, gravar un videoclip entre varios dos compoñentes do obradoiro e realización dun evento en directo ao finalizar o programa.
