Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

CONTAS DE CORREO DO ALUMNADO DE 2º BACH

É importante que facilites o teu correo electrónico, pois será a canle para aportar informacións relevantes respecto á tramitación do título de Bacharelato ou as relativas ás probas ABAU.

CLICA AQUÍ  PARA APORTAR A INFORMACIÓN 

Recollida de lixo en Praia América, xornada de sensibilización ambiental

O alumnado de 3º de ESO participou o pasado 24 de marzo nunha xornada de limpeza no areal de Praia América. A actividade, xa habitual na programación de actividades complementarias do centro, é organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co Concello de Nigrán.

Intercambio con alumnado de Manchester na Serra da Groba

A finais de marzo 12 alumnos e alumnas de secundaria do Loreto High School de Manchester visitáronnos dentro dun programa de intercambio no que participa tamén o noso alumnado de 4 de ESO.

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o luns 27 unha saída á Serra da Groba e Oia, onde tamén visitaron o mosteiro cisterciense. Contamos coa colaboración de Xilberte Manso, membro do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) quen nos acompañou durante toda a xornada.

Enquisa para colaborar no proxecto de investigación STEMBach

Un alcume é un substantivo antropónimo que se engade ou substitúe ao nome dunha persoa ou unha familia, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias. Entre os seus sinónimos recóllense palabras como adeallo, alcuño ou nomeada.

COMO CREAR UNHA NOTICIA NA PÁXINA WEB DO CENTRO

Se queres podes ver directamente o vídeo en Youtube, e na descrición do vídeo tes enlaces para incorporarte onde máis che interese. https://youtu.be/E8u8ayb2zEg

Distribuir contido