Bioloxía e Xeoloxía
Xornada de educación ambiental, deseucaliptización no parque forestal de Nigrán
O venres, 4 de outubro, o alumnado de 4 ESO participou nunha xornada de educación ambiental colaborando na deseucaliptización no futuro parque forestal de Nigrán. A xornada foi organizada polo concello e nela participaron ademáis do IES Val Miñor, o IES Proval e o CEIP de Panxón.
A actividade estivo dirixida por Carla e Samuel, traballadores da brigada forestal do concello, e polo alcalde de Nigrán, Juan González.
Entrevista a África González
O pasado xoves, 3 de outubro o alumnado de ciencias de bacharelato asistíu a unha entrevista á catedrática da UVIGO da área de Imnunoloxía, África González. A entrevista foi organizada pola Voz de Galicia dentro do seu programa “de 0 a 100” en colaboración coa Consellería de Educación e cuxo obxectivo é espertar e fomentar as vocacións nos centros de secundaria.
CHARLA SOBRE TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.
Este venres, 10 de maio, Sara Pérez, de Adamia Psicoloxía e Marta Losada, nutricionista do Centro de saúde Val Miñor de A Xunqueira, impartiron unha charla ao alumnado de 3º de ESO, sobre os trastornos de conduta alimentaria. A mesma tiña como obxectivos a prevención, a información sobre patróns alimentacios sans, afianzar uns valores persoais positivos e establecer unha actitude crítica ante a presión das redes sociais.
Grazas a Sara e Marta pola súa implicación e bo facer.
VAL DE MIÑOR É CIENCIA
CLICA para ver o programa.
CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.
O 20 de marzo, a especialista en Nutrición do Centro de Saúde da Xunqueira Marta Losada, impartiu unha conferencia ao alumnado de 3º de ESO sobre alimentación saudable. Na mesma sairon temas tan interesantes como: mitos sobre os alimentos, alimentación e deporte, influenza das redes sociais.... Moitas grazas a Marta por colaborar co noso centro educativo.
Observación de aves na Foz do Miñor
O pasado 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humedais, unha data na que se lembra a importancia destes ecosistemas non só polo que contribúen ó mantemento da biodiversidade senon pola cantidade de servizos ecosistémicos que ofrece. Por este motivo, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha xornada de observación de aves para o alumnado de 1 ESO na Foz do Río Miñor, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.
Durante a mañá do 21 de febreiro o alumnado puido observar a biodiversidade da avifauna deste espazo natural e ó mesmo tempo coñecer algúns aspectos que resaltan a importancia deste esteiro e daqueles outros que comprometen a súa conservación e protección.
Río Muíños, estudo dun ecosistema fluvial
O pasado martes 21 de novembro, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía e PDC, realizaron unha saída ó río Muíños para estudar as principais características do ecosistema fluvial.
Nun percorrido de 500 m aproximadamente, describíuse a vexetación e as carcaterísticas xerais do cauce, incluindo todos aqueles elementos que constitúen unha agresión ó ecosistema fluvial (aliviadeiros, colectores, construcións, refugallos, contaminación acústica...). Con toda esta información elaborouse un croquis do tramo estudado do río .
1º PREMIO NO CONCURSO DE MAQUETAS DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA
O 9 de xuño, David dos Reis, Hugo Fernández, David Vila e Mario Vilán, alumnos que están a estudar 3º da ESO gañaron o 1º premio no concurso de maquetas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
Presentaron a concurso unha vivenda sostible dunha calidade excepcional que deixou ao xurado e demais asistentes sorprendidos.
Dende o centro seguimos todo o proceso e non podemos sentir máis admiración e orgullo polo talante, disciplina, saber estar que amosaron o día da presentación e durante a elaboración do proxecto.
PARABÉNS A TODO O EQUIPO DE TURN BACK!