Escolares

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO coñecen aos seus titores e titoras de 3º da ESO

Por fin tivo lugar a presentación dos titores e titoras de 3º da ESO aos alumnos recén chegados ao centro. Esta actividade encádrase dentro do programa de titoría entre iguais (TEI) que o noso instituto leva posto en práctica desde o curso pasado. Un programa destinado a mellorar a convivencia e a previr o acoso escolar.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO

 Dorrío de Ourense, Ana de Portugal e Reka de Hungría falaronlle  hoxe, 25 de setembro, ao alumnado de 1º de bacharelato do Servizo Voluntario Europeo. Presentarono como unha experiencia onde os adolescentes adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional.

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO 0 AO ALUMNADO DE 1º DA ESO

O director do IES VAL MIÑOR fixo entrega aos alumnos e alumnas de 1º de ESO do diploma que certificaba a súa positiva participación no curso 0 nesta primeira semana do curso 2017/18. Parabéns para todos e todas.

TRABALLO DA PRIMEIRA SEMANA DO CURSO

TES ATA O MÉRCORES DÍA 21 PARA PREPARAR A SEGUINTE ACTIVIDADE: VAS A TER QUE EXPOÑER, PRESENTAR..... ALGO QUE FIXECHES NO VERÁN:

POR EXEMPLO:UNHA VISITA A UN MUSEO OU UNHA EXPOSICIÓN.UN DEBUXO.UNHA NOTICIA DO XORNAL QUE CHE CHAMARA A ATENCIÓN.  ALGO QUE CONSTRUIRAS COAS MANS.UNHA CANCIÓN OU UN BAILE QUE APRENDICHES.

UNHA RECEITA NOVA DE COCIÑA.UNHA WEB QUE NOS POIDAS RECOMENDAR.UN VIDEO DE YOUTUBE QUE QUEIRAS COMPARTIR CONNOSCO.ETC

Powered by Drupal - Design by artinet