Concursos

SAMAÍN 2018

O mércores 31 de outubro, para celebrar a festividade do Samaín, os alumnos de 1º e 2º ESO do IES Val Miñor, trouxeron as súas cabazas talladas para presesntalas á exposición e ao concurso, organizados polo Equipo de Dinamización Lingüística "O Brión". Durante a mañá do mércores os calacús decoraron o patio cuberto do noso centro.

Este ano destacou dun xeito especial a orixinalidade e a calidade dos traballos, así como a numerosa participación.

O xurado do concurso decidiu conceder premios ás seguintes cabazas:

1º Premio: Monstro fantasma (Uxía Lameiro, 1º ESOA)

2º Premio: Sombreiro encantado (África Otero e Paula López, 1º ESO B)

3º Premio: Cabaza Celta (Félix Pérez e Diego Pazo, 1º ESO B)

                Cabaza Queimada (Sara Alonso e Antía Vázquez, 1º ESOC)

PARABÉNS AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

RELATOS DE SANTOS E NADAL 2016

                 CONCURSO DE RELATOS DE “SANTOS E NADAL”, 2016

        EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA “O BRIÓN”

A decisión do xurado, despois da lectura e análise dos relatos presentados a concurso, é a seguinte:

SAMAÍN 2016

CONCURSO CABAZAS SAMAÍN 2016

1º Premio: “ Peixe lanterna”. Miguel Simoes (4ºESO A) Juan Manuel González (4ºESO B)

 

 

2º Premio: “Calavera”   Gloria Saavedra(1ºESO B)   

3º Premio: Que medo! Xa está aquí Samaín”  Laura Dacosta (1ºESO B)                    

 

 

Premios Relatos de Nadal

Aqui vos deixamos os relatos gañadores nesta edición do Concurso de relatos de Santos e Nadal 2015

Concurso de relatos de Santos e Nadal

CONCURSO DE RELATOS DE “SANTOS E NADAL”

“CONTOS DO BRIÓN”

O equipo de Normalización lingüística decidiu conceder, nesta edición de 2014, os premios aos seguintes relatos presentados:

  • No PRIMEIRO CICLO DA ESO concedéuselle o premio a un relato feito con imaxinación que nos leva da man por un percorrido de ficción ben construído ata un final que atrapa ao protagonista e ao lector.

Foi para o relato titulado: O portal ao inframundo pertencente a RUBÉN CAMESELLA (2º B)

BREIXO ÁLVAREZ GAÑA DE NOVO O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE RELATOS " A CIENCIA QUE CONTA"

BREIXO ÁLVAREZ GAÑA DE NOVO O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE RELATOS " A CIENCIA QUE CONTA"

A ceremonia de entrega dos premios do 4º CONCURSO "A CIENCIA QUE CONTA" tivo lugar o sábado 3 de Decembro no Museo do Mar. Para oila en directo conecta coa páxina da organización http://cienciaqueconta.wordpress.com/

Powered by Drupal - Design by artinet