Educación Física

EXAMES DE SETEMBRO DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Lembramos que os traballos escritos deben ser entregados o día do exame de educación física de setembro, feitos a man en folios brancos. Asemade terán que traer roupa deportiva para a realización do exame práctico.

1º ESO

Entregar o traballo escrito sobre: "Xogos populares e tradicionais" e "Xogos e deportes de raqueta".

2º ESO

Entregar o traballo escrito sobre: "Xogos populares e tradicionais" , "Xogos e deportes de raqueta", "Ritmo e expresión corporal" (Acrosport)

3º ESO

Entregar o traballo escrito sobre:  "Xogos e deportes de raqueta"."Ritmo e expresión corporal" (Acrosport).

Vida Sana

Entregar o traballo sobre hábitos tóxicos "As drogas"

ENTREGA DE TROFEOS AOS GAÑADORES/AS DO TORNEO DE BALONCESTO DO RECREO

Tras un éxito absoluto de participación e implicación do alumnado. Realizouse unha entrega de trofeos aos gañadores de cada grupo do torneo, que foron OS HUNTERS, E STB ALFA. Ademáis de facer un recoñecemento especial aos xogadores MVP, Xabi e Martin, que amosaron durante todo o torneo grandes habilidades para o baloncesto ademáis de xogo limpo cos compañeiros e compañeiras. O ano que ben esperemos que máis e mellor.

PORQUE SER MAIOR NON SIGNIFICA DESFACERSE DO XOGO E DO NENO E NENA QUE LEVAMOS DENTRO.

O luns 17 o alumnado de 1º de Bacharelato A, disfrutou do seu merecido premio do concurso de Nadal. Foi unha xornada lúdica, divertida e chea de cariñas de ilusión que relembraban unha etapa de infancia que parece que xa lles queda lonxe, pero afortunadamente aparece de inmediato nesta activade. Facéndonos caer na conta da importancia do xogo e da risa nas nosas vidas. As cariñas de felicidade pagaron a pena. Por se queredes ver máis imaxes poderedes clicar na foto.

RUGBY EN PRAIA AMÉRICA

O martes 28 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato finalizou a unidade didáctica de rugby, cunha práctica de calidade na praia. Agradecer á Federación española e galega de rugby, que a través do seu programa GET INTO RUGBY, nos brindase a oportunidade de contar con Diego Dolan e a donación de material que fixo ao centro. Asemade agradecer ao Vigo Rugby a súa xenerosidade por estar aí sempre que se lles chama para facer esta sesión de aprendizaxe. A continuación unhas fotos da actividade, se clicas nelas poderás ver máis.

10 DÍAS DE FROITA. UN ANO MÁIS O IES SUPERVITAMINÍZASE.

Durante 10 días voltaron a repartirse kilos e kilos de froita, da que non quedou nin chío. Foron días saudables no patio. O ano que ven máis. Gustaríame dar as grazas ao alumnado e profesorado que participou no reparto da froita, pois sen este gran traballo en grupo, esta iniciativa non se podería levar a cabo.

TORNEO DE BALONCESTO NOS RECREOS.

Deu comezo o torneo de baloncesto nos recreos, cunha grande aceptación tanto por parte dos e das participantes coma dos siarieiros nas bancadas. O partido inaugural foi espectacular. 

A participación é moi alta, fixéronse dous grupos de competición, pois se anotaron 10 equipos.

A arbitraxe é de alto nivel. O xogo é super intenso, hai triplas, fintas, auténtica profesionalidade. A continuar.

O VENRES 3 DE MAIO EXAME DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES

O alumnado coa asignatura de Educación Física pendente, terá que realizar o exame teórico o 3 de maio de 11:15 a 12:05 (punto de encontro ximnasio). Asemade terá que entregar o traballo teórico.

21 DÍAS PARA... RETOS DO CURSO 2017-18

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, foi quen de conseguir os retos que se plantexaron. Houbo alumnado que nunca viñera ao instituto camiñando e así o fixo durante 21 días, outros aprenderon deportes novos coma wakeboard, skate ou paddle surf, houbo quen de realizar rutas en bici, mellorar algunha habilidade ou destreza nos deportes que xa practica, ou nalgún caso mellorar a flexibilidade entre outros moitos.

Achégovos tres retos que me pareceron dos mellores, para que observedes por vós mesmos. O de Jose Luis Justo, Lara ou Erika. 

O obxectivo era, adquirir un estilo de vida saudable fóra das horas de educación física. Tentar conseguir adherencia á realización de actividade física.

CLICADE PARA VER OS VÍDEOS

Powered by Drupal - Design by artinet