Saltar navegación.
Inicio

ANPA

Benvida a Anpa "A Telleira"

CONTACTO :

anpaiesvalminor@gmail.com 691373954

Aylmao1999, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons   

CC0 for Public Domain Dedication

DESCARGA AQUI A FICHA DE INSCRICIÓN NO FICHEIRIO ADXUNTO

DATAS E HORARIOS DE ENTREGA DOS LIBROS DO BANCO DE LIBROS DA ANPA

Benqueridas familias:

A vindeira semana, a ANPA fará entrega dos libros do seu  BANCO DE LIBROS.

As quendas para a recollida serán as que seguen: 

ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA UNIRSE AO BANCO DE LIBROS DA ANPA

As familias que por algún motivo quedaron fóra do BANCO DE LIBROS DE TEXTO DA ANPA e queiran incorporarse, deberán asistir á reunión que se celebrará o vindeiro MARTES 12 ás 20:00 horas no Salón de Usos Múltiples do instituto IES VAL MIÑOR. Se aínda non son socias da ANPA, deberán levar cuberta e asinada a FICHA DE SOCIO, que se poden descargar no seguinte enlace da páxina web do instituto: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/?q=node/1459#attachments Antes da reunión, as familias deberán informarse sobre as materias nas que están matriculados os seus fillos (no curso correspondente). Na reunión indicaremos cales destas materias teñen o seu libro de texto dispoñible no BANCO DE LIBROS. NON deben asistir a esta reunión os socios da ANPA que xa rexistraron as súas solicitudes de libros.

BANCO DE LIBROS DA ANPA: INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR E PAGAR OS LIBROS

Benqueridas familias:

 Xa podedes acceder a AMPA FÁCIL para solicitar os libros de texo para o curso 2023-24.

 A data límite para introducir as peticións de libros é o venres 25 de agosto. Non se tramitará ningunha solicitude máis aló desta data.

 

 IMPORTANTE: as familias que xa fixestes peticións, revisade o listado de libros solicitados, especialmente os de 1ª e 2ª Lingua Estranxeira, detectáronse erros. 

¿CANDO SE PAGAN OS LIBROS DO BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO ANPA?

¿Cuándo se pagan los libros del BANCO DE LIBROS DE TEXTO del ANPA?

Estimadas familias:

Para el pago de los libros del nuevo BANCO DE LIBROS DE TEXTO debéis esperar a que os comuniquemos que ya podéis hacerlo (lo haremos por ABALAR, y también por mail), ya que todavía estamos haciendo diversos ajustes en la plataforma AMPA FÁCIL.

RECOLLIDA DE LIBROS PARA O BANCO DE LIBROS DA ANPA

DATAS DE RECOLLIDA DOS  LIBROS DE TEXTO DOADOS  Á ANPA

 Estaremos na BIBLIOTECA do IES VAL MIÑOR para recoller os libros doados ao BANCO DE LIBROS DE TEXTO da ANPA, no seguinte horario:
-Mércores 26 de xullo,  de 10:00 a 12:00 horas
-Xoves 27 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

Recollemos doazóns de libros con ano de publicación a partir de 2022 inclusive, que son os que podemos incorporar ao novo BANCO DE LIBROS DE TEXTO.

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O BANCO DE LIBROS

¡¡ IMPORTANTE !!   NOVA FECHA REUNIÓN BANCO DE LIBROS (o vindeiro XOVES 13)

 Benqueridas familias:

 Por causas axenas á nosa vontade, vémonos na obriga de aprazar 24 horas a reunión informativa sobre a aplicación AMPA Fácil e a xestión do novo BANCO DE LIBROS DE TEXTO.

 Por tanto a reunión terá lugar o vindeiro XOVES 13 de XULLO, ás 20:00 horas,  no auditorio do Concello de Nigrán.

 Lembrámosvos, asemade, que é fundamental que cubrades e entreguedes a ficha da ANPA para que poidamos enviar aos vosos enderezos de corrreo electrónico o código que vos permitirá acceder á plataforma AMPA Fácil.

 ANPA IES VAL MIÑOR

BANCO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Benqueridas familias:

A ANPA do IES Val Miñor porá en marcha un banco de libros de texto para o curso 2023-2024 do que poderá beneficiarse todo aquel alumnado cuxas familias sexan socias da ANPA (tanto o dos cursos pares, como o dos impares).

Distribuir contido