Curso 2024-25
Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas
O coruñés Manuel Rivas, posiblemente o escritor actual en lingua galega con maior proxección fóra da nosa terra, vén de ser galardoado polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional das Letras Españolas do ano 2024, engrosando así a súa longa lista de recoñecementos. O xurado salientou que "poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron acadar tal recoñecemento a nivel mundial".
O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO ASISTE A UNHA CHARLA DA ASOCIACIÓN AESLEME SOBRE CAUSAS QUE PRODUCEN OS ACCIDENTES E FORMAS DE EVITALAS.
Este 29 de novembro o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu a unha charla impartida por Félix da Asociación AESLEME (Asociación española de lesionados medulares). O obxectivo da mesma era coñecer as causas que producen os accidentes e a forma de evitalas, que facer cando se produce un accidente para non expoñerse e non agravar as lesións existentes e as consecuencias dos accidentes: lesións medulares, traumatismos craneoencefálicos: problemas físicos, psicolóxicos e sociais.
Regueifando no val Miñor
Collage de Fotos Vertical Madre e Hija Polaroid Beige de Iago Castro Buerger
Rapazada CONTACONTOS no Ceip Humberto Juanes
O luns 28 de novembro asistimos, por terceiro curso consecutivo, ao Ceip Humberto Juanes para botarlle unha contada ao alumnado de educación Infantil e 1º e 2º de primaria.
Visita do alumnado de 4º ESO de Baralla
O pasado 7 de outubro exercemos de anfitrións do CPI Luis Díaz de Baralla (Lugo), que nos devolveron a visita que lle fixeramos o curso anterior. Esta xornada de convivencia, argallada polo departamento de galego e o EDLG, tivo como obxectivo poñer a lingua en marcha entre a rapazada, xa que a mocidade do Val Miñor tivo a ocasión de escoitar a nosa fala cos seus iguais.
Despois de saírmos do IES camiñamos a senda do río ata o Muíño recentemente rehabilitado do porto do Molle. Finalamente, tras resgardarnos da chuvia que nos sorptrendeu na camiñada, realizamos o percorrido da Praia dos afogados de Domingo Villar. En equipos con alumnado dun e doutro centro, procuramos os escenarios escolmados nos fragmentos dunha das novelas contemporáneas máis populares
O ALUMNADO DE 3º DE ESO ASISTE A CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL.
O alumnado de 3º de ESO asistiu hoxe, 10 de outubro, a celebración do día mundial da saúde mental invitados pola Asociación Avelaíña. No acto falouse da prevención do suicidio, do consumo de tóxicos e das novas tecnoloxías. Esta charla foi impartida por Alar Galicia. Finalizou a conmemoración coa actuación da monologuista Arantxa Treus.
TALLER DE VENTO METAL IMPARTIDO POR DANIEL GONZÁLEZ
Taller de vento metal impartido por Daniel González, ao alumnado de 1, 2 e 3 ESO. Ensinounos o funcionamento destes instrumentos e a posibilidade que temos de aprender a usalos no noso concello a través da escola de música. CLICA para ver o que alí aconteceu.