BENVIDOS/AS Á NOSA WEB

Rúa Paradellas, 15     36350-NigránTfo.: 986 366 050  Fax: 986 366 102
Facebook: facebook.com/iesvalminor
e-mail: ies.val.minor@edu.xunta.gal

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

       Á obra de arte vai chegando a súa finalización. Grazas por todo Begoña.

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO aos CIFP Manoel Antonio, Valentín Paz Andrade e ao Centro Residencial Docente de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO, de xeito preferente os matriculados na materia de iniciativas emprendedoras, visitaron no día de hoxe os CIFP MANOEL  ANTONIO, VALENTÍN PAZ ANDRADE e o CRD de Vigo. Alí visitamos os distintos obradoiros dos ciclos medios e superiores.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

O mural segue avanzando coa participación do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

Baixo a dirección de Begoña, profesora de Educación Plástica e Visual, o alumnado da ESO está facendo un mural no patio. Aquí podes seguir o seu proceso.

Xuvenciencia VII Campus de Verán

Convocatoria Xuvenciencia. VII Campus de verán 2019

O alumnado de 2º de ESO coñece os TESOUROS DO VAL MIÑOR

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron a ruta: Un mar de area, un mar de sentidos. Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gayfar ata Ramallosa pasando polo Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e fauna do lugar. A ruta estivo  guiada polo persoal do Obradoiro Valmiemprega III. Grazas a todos eles e elas pola súa iniciativa e interese.

OBRADOIRO SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Ádega Castro, responsable en Vigo do Proxecto Novicom, dirixido a fomentar o coñecemento e a sensiblización cara as persoas de trata, realizou este 5 de abril, un obradoiro co alumnado de 4º de la ESO co obxectivo de achegar aos adolescentes esta realidade silenciada e incómoda, coñecida como a escravitude do século XXI. Este fenómeno o  sofren especialmente as mulleres e as nenas explotadas sexualmente e laboralmente, no servizo doméstico, para contraer matrimonios forzosos, para a extracción e venda de órganos, para pedir esmola,etc.

Powered by Drupal - Design by artinet