BENVIDOS/AS Á NOSA WEB

Rúa Paradellas, 15     36350-NigránTfo.: 986 366 050  Fax: 986 366 102
Facebook: facebook.com/iesvalminor
e-mail: ies.val.minor@edu.xunta.gal

25N

                                                        

O IES VAL MIÑOR ÚNESE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, o IES VAL MIÑOR únese a este colectivo co seu PARAGUAS de CORES que representa unha sociedade diversa, que acolle a todos os integrantes da sociedade de maneira igualitaria, sen diferenzas, cun mesmo desexo de convivencia.

25N no IES Val Miñor.

O 25 N desenvolvéronse de forma transversal actividades que visibilizaron a lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres. Entre elas estiveron as seguintes:

                                        CIDADE E CIENCIA

O luns 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, unha das actividades que se levou a cabo no IES Val Miñor para o alumnado de 3º ESO foi un obradoiro sobre “As violencias sexuais entre a xuventude”, impartido por dúas investigadoras do CSIC que viaxaron ata Nigrán para concienciar aos e ás xoves das situacións sexistas que se dan ao seu arredor.

PERSOAS FACENDO HISTORIA. CHARLA SOBRE AS SAÍDAS LABORAIS DO GRAO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

Begoña Garrido Labrador, profesora na facultade de Historia do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), impartiu unha interesante charla sobre as saídas profesionais da carreira de Xeografía e Historia. Begoña de xeito divertido, dinámico e ameno descubriulle cousas de vida universitaria e deste grao en particular ao alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en historia do mundo contemporáneo.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS - PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 18 de novembro disfrutamos dunha xornada diferente, preparada polo alumnado de 3º da ESO. O obxectivo era fomentar o vínculo entre os padriños e madriñas de 3º cos seus afillados de 1º, dentro do programa de convivencia, titoría entre iguais. A continuación podedes ver como se desenvolveu a actividade. 

MEDRANDO EN IGUALDADE: CHARLA FORMATIVA PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO.

Dentro do plan de igualdade do IES, hoxe os alumnos e alumnas de 2º de ESO tiveron unha charla formativa co título de "Medrando en Igualdade". María, da asociación Amigos de Galicia, foi a encargada de impartila.

Magosto 2019

Magosto 2019 

O venres 8 de novembro a partir das 12:30 da mañá celebramos o magosto no IES Val Miñor. Se queres ver as fotos dese día CLICA

VIAXE A LEITARIEGOS 2019-20

Se clicades na imaxe atoparedes a información relativa á viaxe á neve deste curso escolar 2019-20

Powered by Drupal - Design by artinet