BENVIDOS/AS Á NOSA WEB

Rúa Paradellas, 15     36350-NigránTfo.: 986 366 050  Fax: 986 366 102
Facebook: facebook.com/iesvalminor
e-mail: ies.val.minor@edu.xunta.gal

PROGRAMA TEI: OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO COÑECEN AOS SEUS TITORES E TITORAS.

Durante esta semana de outubro os alumnos e alumnas de 1º de ESO están coñecendo aos seus "padriños e madriñas".

DÍA MUNDIAL DA RCP: Reanimación cardiopulmonar

O mércores 16 de Outubro foi o Día mundial da RCP (Reanimación cardiopulmonar) e tivemos a sorte de contar con persoal médico do Hospital Álvaro Cunqueiro, que fixo talleres para o alumnado de 3º da ESO e para a comunidade escolar (Persoal do centro e familias) que se achegaron durante esta mañá para aprender esta manobra tan importante que salva vidas. Agradecer expressamente a Laura, David e Marta a súa adicación ao noso centro durante esta mañá de aprendizaxes tan relevantes.

ESCALADA NO GALIÑEIRO

O tempo permitiunos por fin facer esta actividade que supón un gran reto físico para o alumnado, que se ve recompensado coa sensación de superación cando chegan ao cumio. Coma en anos anteriores Montañeiros Celtas colaboran co centro na organización polo que agradecemos o seu esforzo . Non viamos o mar pero tiñamos unha espectacular vista dun mar de nubes no Val. Pagou a pena unha vez máis ter esta experiencia. CLICA PARA VER AS IMAXES

SURF EN PATOS

Coma en anos anteriores realizouse a actividade de surf en colaboración con Prado Surf e coa axuda na financiación, da ANPA do centro, para o alumnado socio. O día non pintaba ben, era un día gris, pero a nota de cor  púxoa a rapazada do IES Val Miñor que foi valente e demostrou que se chove que chova. As ondas eran importantes e a auga estaba boa. Unha experiencia máis de actividade física para que o alumnado busque opcións de ocio activo, e se enganche a un estilo de vida saudable. CLICA PARA VER MÁIS IMAXES

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Nos documentos adxuntos atoparedes as listaxes de admitidos e excluídos nas axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

XA SE PODE PASAR A RECOLLER OS VALES POLO INSTITUTO.

CORRECCIÓN DE ERRO NA LISTA DE LIBROS DE TEXTO

INFORMAMOS da seguinte corrección no ISBN dos libros de ALEMÁN:

Este curso académico cursarase alemán en 2º, 3º e 4º da ESO.

Para o alumnado de 2º ESO sírvelle o libro que xa mercaran o curso pasado: ISBN 9783191216580   LEKTION 1-9 A1/1 Ed. Hueber .

O alumnado de 3º ESO deberá mercar o libro co ISBN: 9783191316587 LEKTION 10-18 A1/2 Ed. Hueber

O alumnado de 4ºESO utilizará o mesmo libro que utilizou en 3ºESO. ISBN: 9783191316587 LEKTION 10-18 A1/2 Ed. Hueber

RESPECTO AOS LIBROS DESCATALOGADOS DE LINGUA GALEGA E MATEMÁTICAS DE 3º E 4º DA ESO estamos buscando solucións xunto coa ANPA a esta situación. Rogamos esperen ao inicio de curso.

BECAS E AXUDAS DO MEC

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO DE NIVEiS  POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS.

Para máis información clica no seguinte enlace: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html Prazo aberto desde o 1/08/2019 ata o 1/10/2019.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO . Prazo aberto do 28/07/2019 ata o 26/09/2019

Powered by Drupal - Design by artinet