Iniciar sesión: Acceso

"Emilia arrive à Paris" no Teatro Salesianos

O venres 19 de xaneiro, o alumnado de Francés de 3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º Bach. asistiu a representación de “Emilia arrive à Paris” na Sala Salesianos de Vigo onde Transeduca organiza obras de teatro adaptadas en francés e protagonizadas por actrices e actores nativas/os.

Nun contexto no que os medios audiovisuais son os máis consumidos polos adolescentes, a compañía trouxo, nesta ocasión, unha historia da pequena pantalla cunha xove española que debe trasladarse a París por traballo. Alí, coñecerá xente nova e descubrirá novos costumes.

Como xa tivera un contacto coa trama e cos personaxes da obra, ou ben porque xa mirara a serie “Emily in Paris” ou polas actividades realizadas anteriormente na aula, o alumnado puido entender as diferentes escenas sen maior dificultade.

Ao rematar a representación, as actrices e actores deron a palabra ao alumnado e profesorado asistente que lles fixeron moitas preguntas sobre a montaxe da obra e as súas traxectorias persoais e profesionais.

E como non, despois de saciar a curiosidade cultural, tocáballe a quenda ao apetito.

Á falta de “cuisine française”, comida “internacional”. Un día é un día! Une fois de temps en temps, ça ne fait pas de mal!

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG