Iniciar sesión: Acceso

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

ESA

                                                                                                                                                  CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024

      SEGUNDO CUADRIMESTRE (MÓDULOS 2 E 4)                

 RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023 - 2024 (DOG do 23 de agosto de 2023).

CAPÍTULO III

Educación Secundaria

 Artigo 11. Prazo de matrícula

a) modalidade presencial

1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

- o 9 e o 19 de xaneiro de 2024 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulo 2 e Módulo 4):

                       Do 09 ao 12 de xaneiro de 2024 → prazo de inscrición para alumnado interno e de nova incorporación.

                       Do 15 ao 19 de xaneiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado de nova incorporación.

                       Do 01 ao 02 de febreiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado interno.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

INSCRICIÓN : impreso de solicitude de admisión debidamente cumprimentado e asinado, certificación académica persoal, fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria.

MATRÍCULA: impreso de solicitude de matrícula debidamente cumprimentado e asinado, resgardo de pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos) e dúas fotografías recentes tamaño carné.

Na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres e de 16:30 h a 18:00 h os luns pola tarde.

Artigo 13. Probas de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento (ámbito científico - tecnolóxico, ámbito da comunicación e ámbito social).

2. Durante os días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2024, realizaranse nos IES autorizados as probas de avaliación inicial (indicarase o horario nesta páxina web).

Artigo 14. Actividades lectivas

As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro (luns, 05 de febreiro) e as actividades lectivas rematarán en xuño (venres, 21 de xuño) de 2024.

Presentación do segundo cuadrimestre: o luns 05 de febreiro ás 18:15 h no salón de actos do IES Val do Tea.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG