Iniciar sesión: Acceso

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA

O proceso de admisión na ensinanza secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nesta orde, no artigo 26.2, establécese que "Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)".

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

-Impreso de solicitude de admisión.

-Certificado de estudos (certificación académica do último curso/agás se é do Módulo I).

-Copia do DNI.

-Copia da tarxeta sanitaria.

A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00h a 14:00h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30h a 18:00h.

Para calquera aclaración poderá chamarse ao teléfono do centro: 886 110 513.

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG