Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Concurso Portas do terror

Neste enlace podedes ver as "Portas do terror" participantes no concurso organizado polo EDLG. Nos próximos días coñeceranse as persoas gañadoras!

Álbum: Samaín -> Concurso "Portas do terror"

VISITA DE LUZ FANDIÑO

No mes de setembro estivo connosco Luz Fandiño, protagonista do documental A poeta analfabeta e exemplo de muller loitadora e rebelde. Falou co alumnado de 1º de Bacharelato da súa experiencia de vida e tamén da súa obra.

Velaquí un poema desta autora ao que Ses puxo música e voz no seu disco Liberar as arterias:

Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escravos
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta daqueles
que sobreviven do emprestado
A poeta analfabeta
Poeta dos desherdados
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escarvos.

  

25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A pandemia non impediu que no IES Val do Tea dixéramos NON a VIOLENCIA MACHISTA.

 

  

   

                                

 

MAGOSTO 2021

Neste 2021, no IES Val do Tea procuramos recuperar paulatinamente e con moito sentidiño algunhas das actividades mais próximas á nosa terra galega, tales como as castañas ou os xogos populares.

    

 

 

SAMAÍN 2021

Compartimos algunhas das produccións que o alumnado do IES Val do Tea levou a cabo polo samaín. Temos que recoñecer o verdadeiro talento

  

 

III TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DE PONTEAREAS

Parabéns a Carlos Costal e David Lago polo 2º e 3º posto na fase final celebrada no IES do Barral o 28 de marzo.

 

 

III TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS

Parabéns a todos/as os/as participantes no torneo celebrado no IES Val do Tea o 31 de xaneiro do 2019.

 

ERASMUS+. FINAL DA VIAXE CULTURAL A TUAM (IRLANDA)

Derradeira imaxe da chegada da viaxe cultural a Irlanda dos alumnos participantes neste proxecto Erasmus+. Todos eles veñen moi contentos da gran experiencia vivida onde disfrutaron e aprenderon novas culturas e linguas.

ERASMUS+. CONTINUACIÓN DA VISITA A TUAM (IRLANDA)

Nestes días os alumnos e as súas profesoras dos IES Val do Tea, Pedra da auga e do Barral foron recibidos polas autoridades de Tuam, visitaron a cidade de Galway, viaxaron á isla de Arán, fixeron unha visita á TV. irlandesa e percorreron os impresionantes acantilados de Moher. Nembargantes, tamén tiveron tempo de traballar na escola anfitriona Arbishop McHale.

 

ERASMUS+. I VISITA DOS ALUMNOS DOS TRES IES DE PONTEAREAS A TUAM (IRLANDA)

Primeiras imaxes da visita do alumnado e as súas profesoras acompañantes dos IES Val do Tea, Pedra da auga e do Barral a Tuam. Fotos do inicio da viaxe no aeroporto, a súa chegada e a primeira clase de irlandés na escola Archbishop McHale.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG